Burela, 8 de maio de 2014. O centro de formación ocupacional do Concello de Burela, ubicado nas inmediacións do parque de Tíjola, acolleu dous cursos para persoas maiores de 55 anos sobre novas tecnoloxías impartidos pola Deputación de Lugo.
Ditos cursos tiveron lugar esta mañá entre as 9 e as 13:30 horas. Polo centro pasaron este xoves o concelleiro de Emprego, José Casas, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, e tamén o deputado provincial responsable de Innovación, Alfredo Llano.
Casas e Durán sinalaron que “ao longo do ano haberá máis cursos organizados en colaboración entre a institución provincial e o Concello de Burela”.