A petición da Deputación, este xoves celebrouse unha nova comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal, na que participou o Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos. Xa no mes de abril, o organismo provincial reclamou á Xunta a convocatoria desta xuntanza para que desbloquease o pagoós municipios. E así se comprometeu a facer na reunión de hoxe a instancias da institución luguesa. O Executivo autonómico acordou clarificar que gastos financia cada unha das administracións implicadas nos GES para cumprir coa Lei de Subvencións. Deste xeito, Xunta, Fegamp e Deputación poderán pagar ós Concellos o 25% da anualidade de 2013. É a 2º vez que a Deputación de Lugo ten que esixir á Xunta que desbloquee os pagos dos GES ós Concellos, posto que xa tivo que facelo co anticipo do 75%, tras máis de 6 meses de espera.
Santos Ramos adiantou que “unha vez que a Xunta cumpra co seu compromiso e desbloquee os pagos,poderemos aboar ós Concellos cumpridores a parte pendente de 2013. Farémolo de xeito inmediato para, seguidamente, continuarcos pagos desta anualidade”. No caso da Deputación, este 25% da anualidade de 2013 (a parte xustificativa) cuantifícase nun total de 46.900 euros. Son 6.700 euros para cada un dos seguintes municipios: Becerreá, Cervo, A Fonsagrada, Monterroso, A Pontenova e Guitiriz. A Folgoso do Courel e a Quiroga, que comparten GES, correspóndelles sendas partidas de 3.350 euros.
Pagos ó día
A institución luguesa mantén ó día os seus pagos, posto que aboou ós Concellos cumpridores todo o lle permite a lei polo de agora: o anticipo do 75% da anualidade de 2013. A Deputación pagou 109.375 euros a Becerreá, Cervo, A Fonsagrada, Monterroso e A Pontenova. Son 21.875 euros a cada municipio. Os servizos xurídicos da Deputación están a avaliar a documentación entregada por Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga para xustificar o cumprimento do convenio logo das supostas irregularidades cometidas. A Xunta e os propios Alcaldes recoñeceron que en Guitiriz se alteraron as bases do proceso de selección de persoal, cando son “comúns e públicas para todos os Concellos” segundo o convenio. En Folgoso do Courel e Quiroga fixéronse concursos de méritos e non oposicións, resultado contratados familiares da Alcaldesa do Courel, como súa irmá. A Deputación só pagará a estes municipios no caso de que demostren que cumpriron co convenio ó igual que os restantes Concellos. De ser así, ingresaría a Guitiriz 21.875 euros. Trátase do mesmo orzamento que, conxuntamente, pagaría a Folgoso do Courel e Quiroga, posto que compartenGES. Serían 10.937 euros por municipio.
Os GES están financiados nun 60% pola Xunta de Galicia, nun 20% polas Deputacións galegas e nun 20% pola FEGAMP. O seu presuposto na provincia de Lugo para 2013 ascende a máis de 1 millón de euros, 600.000 da Xunta, 200.000 de Deputación e 200.000 da FEGAMP.
A Xunta bloqueou os pagos ata 2 veces
A Xunta é a única responsable do retraso nos pagos ós Concellos de todas as administracións implicadas no funcionamento dos GES. Primeiro, bloqueoutotalmente e durante máis de 6 meses as transferenciasós municipios, posto que non determinou no convenio como se tiñan que realizar. Así llo notificou a Deputación de Lugo en maio. Pese a recoñecelo, a Xunta non lle deu solución ata decembro. A partir de entón, púidose aboar o anticipo do 75%. Ata que a Xunta non cumpra co compromiso de hoxe, manterá bloqueado o pago do 25%, correspondente á xustificación, posto que debe aclarar que gastos financia cada administración. Segundo a Lei de Subvencións,dúas administracións non poden subvencionar os mesmos gastos, por exemplo, os de funcionamento ou persoal, polo mesmo importe. Deben fixarse claramente os gastos, importes e conceptos que financia cada administración. En base a isto, os Concellos deberán entregar a cada administración a documentación xustificativa correspondente.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



