A tempada 2013/2014 pasará á historia do CD Burela FS Pescados Rubén como a estrea do club burelés no Play Off polo título de Primeira División e, consecuentemente, a mellor da súa historia. Na segunda tempada na máxima categoría, o Burela Pescados Rubén continúa coa súa progresión na élite do Fútbol Sala nacional. Na actual campaña, o Burela Pescados Rubén logrou situarse entre os mellores de España. Sétimo clasificado en Liga Regular e disputar os cuartos de final ante un poderoso ElPozo Murcia ao que obrigou a un terceiro partido para desempatar a eliminatoria.
Cuartos de final Play Off
ElPozo Murcia logrou a súa clasificación para semifinais por 2-1. Vitoria de ElPozo en Vista Alegre ((3-8), golpe que os bureleses devolveron no segundo encontro cun histórico triunfo no fortín charcutero (3-4). Únicamente o Burela Pescados Rubén lograra vencer en Liga Regular no Palacio e os de Juanlu Alonso reeditaron a fazaña para igualar a eliminatoria (1-1). Un triunfo que será recordado durante tempo xa que profanar dúas veces o templo murciano non parece ser tarefa sinxela. A eliminatoria entre galegos e murcianos foi a única que necesitou dun terceiro partido para dirimir ao semifinalista.
Terceiro asalto
ElPozo, co orgullo moi ferido e o Burela Pescados Rubén, con ilusión aínda que mermado de efectivos polo gran esforzo do segundo envite, afrontaron un terceiro partido para un posto nas semifinais da mellor liga do mundo. O Burela Pescados Rubén logrou adiantarse pero os locais reaccionaron aplicando a súa mellor versión, conscientes do que moito que se xogaban. Unha terceira vitoria laranxa no Palacio e a eliminación frustaría a súa candidatura ao título de campión. ElPozo tirou dos seus innumerables recursos e da súa velocidade de cruceiro para liquidar con autoridade (10-1) o duelo ante o Burela Pescados Rubén que se entregou en corpo e alma ante o descomunal desafío que supoñía sorprender a un grande como ElPozo.
Fin de curso
O Burela Pescados Rubén como alumno aplicado e esixente, tomou bos apuntes na súa primeira experiencia nos Play Off e despide a tempada 2013/2014 como a mellor da súa curta e intensa traxectoria. O Burela Pescados Rubén, que seguirá adestrando, situou unha vez máis o nome de Burela, A Mariña, Lugo e Galicia entre a élite do Fútbol Sala.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
