Na mañá deste martes alumn@s de 1º de Bacharelato e do Ciclo de Saúde Ambiental do IES Monte Castelo de Burela realizaron unha visita a Alcoa, en San Cibrao. Dita actividade foi organizada polas monitoras da Aula Gaia do Concello de Burela. Un total de 30 alumn@s, 2 profesoras e as monitoras de Gaia visitaron o complexo, “as súas plantas de produción de alúmina e de aluminio. Centrándose as explicacións en temática medioambiental: control da calidade do aire, emisións contaminantes, vertido, etc. Ademais plantaron unha árbore, en concreto unha oliveira, dentro do programa Dez millóns de árbores de Alcoa”.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



