Lugo, 21 de maio de 2014.- 8 lucenses que estaban no paro traballan agora na Pontenova, mellorando servizos públicos, co plan de emprego da Deputación. Son os traballadores contratados a través deste Concello mediante a programación do organismo provincial que combate o abandono da Xunta de Galicia, posto que beneficia a municipios de menos de 5.000 habitantes e da Rede Natura, excluídos dos obradoiros e escolas taller do Goberno galego dende 2009.
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, xunto ó Alcalde da Pontenova, Darío Campos, mantivo este mércores un encontro cos 8 traballadores do plan da Deputación. Teñen contrato de 15 meses, fronte ós 6 meses dos obradoiros de emprego doutras administracións. Desenvolven obras no medio rural, intervencións en espazos públicos e naturais, medidas preventivas en defensa do medio ambiente…, atenden, en definitiva, as necesidades da Pontenova en prol da mellora dos seus servizos públicos.
A Deputación asume as nóminas e os custes da seguridade social, facendo que o gasto do plan para as entidades locais sexa de cero euros. Máis de 200.000 euros é o orzamento que concede a institución provincial á Pontenova. Debido á situación das arcas municipais, a institución luguesa ofrece ós Concellos o anticipo do 90% do orzamento que lles corresponde. Deste xeito, xa ingresou nas arcas municipais da Pontenova 194.508 euros.
Os Concellos foron os encargados de realizar os procesos de selección do persoal. O número de traballadores por Concello determinouse polo número de habitantes, cun máximo de 11 para Concellos de ata 5.000 habitantes e un mínimo de 4 para os de menos de 500. Á Pontenova, cunha poboación de 2.673 habitantes, correspondéronlle 8 traballadores e unha subvención de 216.120 euros para nóminas e gastos á seguridade social durante 15 meses, que lle foi anticipada nun 90%.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



