Burela, 22 de maio de 2014.- O vibrafonista norteamericano Tony Miceli ofrecerá en Burela unha master-class de improvisación e un concerto este venres 23 de Maio de 2014. Tony Miceli está considerado como un dos mellores vibrafonistas do panorama internacional, e, durante esta semana está impartindo clases maxistrais en Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra, así como diferentes concertos. Este venres, será o turno de Burela, onde será o encargado de impartir o “II Workshop de Improvisación e Vibráfono” (organizado pola ASOCIACIÓN MARIÑA JAZZ e a ASOCIACIÓN PEDAGÓXICO-MUSICAL MAROSA JAZZ) xunto cos vibrafonistas galegos Ton Risco e Israel Arranz, que serán os profesores asistentes.
Posteriormente, ás 22:30 horas, ofrececerá un concerto no Hotel Nordés baixo a formación TONY MICELI TRIO.
Dende a ASOCIACIÓN MARIÑA JAZZ (AMAJAZZ) e a ASOCIACIÓN PEDAGÓXICO-MUSICAL MAROSA JAZZ convidamos a todos a acudir ao concerto para disfrutar deste virtuoso do vibráfono, e, asímesmo, informar que quedan as últimas prazas para acudir como alumno ao “II Workshop de Improvisación e Vibráfono” (www.seminariojazzburela.blogspot.com) para todos aqueles que esten interesados.
“Tony Miceli é un vibrafonista de asombroso virtuosismo, elasticidade musical e inventiva”
Vic Schermer, All About Jazz























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



