Lugo, 27 de maio de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo reprobou este martes o atrevemento do vicepresidente, Antón Veiga, quen mentres defendía unha proposta na que lle solicitaba á Xunta de Galicia unha redución nos atrasos do pago do Risga, asegurou que “seguiría a ser insubmiso e non cumpriría a normativa en servizos sociais”.
Candia explicou que os datos demostran quen aposta realmente polas políticas sociais. A crise económica prolongada tanto tempo está a ter unhas consecuencias dolorosas, matizou a popular, como son o incremento do número de persoas en risco de exclusión. Ante esta situación o que fixo o Goberno galego, puntualizou a popular, “foi incrementar o orzamento destinado á inclusión”.
Deste xeito a voceira deu datos concretos e exemplificou que no ano 2014, a Xunta de Galicia incrementou en preto dun 22% o orzamento para a inclusión respecto ao 2013; e a maiores vén de aprobar unha ampliación de crédito de 2,6 millóns de euros, superando, polo tanto, en total os 42 millóns destinados á Renda de Inclusión Social
Neste contexto e ante a negativa do equipo de goberno de incluír un punto a maiores na proposta dacordo no que se comprometían a poñer todos os medios provinciais a disposición do cumprimento da normativa de servizos sociais; a voceira dos populares asegurou que “é moi fácil utilizar a situación das persoas en risco de exclusión para facer oposición, pero tamén é eticamente cuestionable”.
En canto ao incumprimento dos prazos no pago da Risga aos que referían socialistas e nacionalistas na súa proposta; Candia asegurou que estes afirmacións nos tempos de tramitación son “totalmente falsas”. A voceira explicou que nesta tramitación interveñen varias administracións, polo tanto a xestión dos expediente están condicionadas por todas elas. Ante esta situación, o Goberno galego “está a axilizar o máximo posible os tempos de resposta, porque é consciente do que esta renda supón para as persoas; ata o punto de que o persoal da Xunta destinado a tramitar a Risga reforzouse o pasado ano”.
Porén, “mentres vostedes falan dun retraso, nos falamos de incumprimentos”, tanto é así que no ano 2014, segundo os datos que manexamos, deixarán ao descuberto o 83% do servizo”. “Non é que a cumpran tarde ou mal, e que non a cumpren”, concluíu Candia.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



