Lugo, 27 de maio de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo Elena Candia, reprobou este martes que a administración provincial se negase a realizar as xestións oportunas dirixidas a mellorar os accesos ás praias do litoral de Barreiros e de Ribadeo, que o propio vicepresidente do ente, Antón Veiga, recoñeceu que estaban en mal estado.
O Grupo Provincial do Partido Popular levou unha iniciativa a pleno na que solicitaba ao ente provincial que mellorara os accesos ás praias de Barreiros e de Ribadeo, co obxecto de que reúnan as condicións requiridas tanto para asegurar o desconxestionamento do tráfico como para salvagardar a integridade dos peóns (por exemplo, a existencia de beirrarúas).
Candia lamenta que un veciño de Barreiros, -en alusión a Veiga- votase en contra de que se cumpra un compromiso adquirido co seu propio municipio e que ascendía a 2,1 millóns de euros. Neste senso, a popular lembrou que o goberno popular na Deputación deixara aprobado un novo trazado da vía do litoral de Barreiros; ademais de outros acometidos no Concello de Ribadeo.
Así, a voceira puxo ao equipo de goberno da Deputación como exemplo do que non se debería facer, e acusounos de que nesta área en concreto a Deputación non exista para os municipios de Barreiros e de Ribadeo. Así, a popular asegurou en referencia ás actuacións feitas pola administración provincial en Ribadeo que “a Deputación non aglomera estradas, senón que arranxa carrís, que obriga a que un coche pare para que pase outro e, a maiores, non deixan beirrarúas”
Candia tamén lembrou que as actas evidencian a aprobación de gasto, o que desmente as declaracións dos nacionalistas e dos socialistas sobre a existencia de proxectos sen dotación orzamentaria que os respaldara.
Polo tanto o voto en contra do PSOE e do BNG responde a unha falta de vontade clara e a un empecinamiento partidista; matizou Candia, xa que dende o ano 2007 manexaron máis de 129 millóns de euros para investir en reparacións e novas infraestruturas.
Por último, a popular concluíu que o PP seguirá a loitar para que as praias presenten uns accesos en condicións, xa que esta “supón unha aposta por toda a costa lucense e máis tendo en conta que as praias presentan un dos principais alicientes turísticos da Mariña”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



