
Nota de Prensa
Un Día da Patria Galega masivo a mellor resposta as políticas do PP
O BNG chama a moverse en defensa de Galiza e da Mariña
O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe en Foz a campaña que os nacionalistas van desenvolver ao longo de todo mes de Xullo no conxunto da Mariña co fin de achegar a súa proposta a situación que atravesa Galiza e a comarca así como convocar aos veciños e veciñas da Mariña a manifestación do 25 de Xullo en Santiago de Compostela.
Antonio Veiga, Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG, e Xoán Antón Estua, Vice – Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG, que compareceron conxuntamente no nome do Consello Comarcal do BNG da Mariña afirmaron que é necesaria unha mobilización masiva na campaña do Día da Patria Galega deste ano como a mellor forma de expresar que a sociedade galega está viva e ten capacidade de reacción fronte a un Partido Popular que esta a amosar a súa face máis descarnadamente reaccionaria e antigalega.
Oito actos na Mariña do Dia da Patria.
Estua, lembrou que o BNG vai celebrar entre o 16 de Xullo e o 1 de Agosto oito actos na Mariña(Foz,Burela,Viveiro,Ribadeo,Riotorto,Cervo,Valadouro,Barreiros), na que participaran ademais diversos dirixentes do BNG como Guillerme Vázquez, Francisco Rodríguez, Bautista Álvarez ou Carlos Aymerich, dirixentes locais nacionalistas. O primeiro dos actos a celebrar, co que se abre a campaña do Día da Patria Galega 2009, será o 14 de Xullo en Riotorto cun acto ás 20:30 no centro Cívico no que participará Federico Gutiérrez (Alcalde de Riotorto) e Bautista Álvarez(Cofundador do BNG e restaurador da data tras a Guerra Civil). A maiores distribuirase cartelería e propaganda impresa nos dezasete Concellos da Mariña.
Nesta dirección Estua quixo agradecer a militancia e a base social do nacionalismo a súa implicación para levar adiante esta campaña o que evidencia a viveza da organización e o compromiso da afiliación do BNG.”Só o BNG pode poñer en marcha esta campaña en pleno verán, porque só o BNG ten unha afiliación desta calidade política e desta xenerosidade co País” afirmou Xoán Antón Estua.
A Comarca segue a esperar polo Plan Anti – Crise de Balseiro.
Veiga, Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG e Delegado Provincial de Cultura da Deputación, lembrou que o Día da Patria Galega ten que ser unha resposta do povo galego contra as políticas antisociais do capital e antigalegas da dereita española. Veiga afirmou que o contexto social que vivimos esta marcada pola crise económica e por un goberno da Xunta ausente que abandona a sociedade galega nun momento de dificultade e demostra a súa incapacidade para Gobernar.
Antonio Veiga denunciou que os mariñáns seguimos a esperar polo Plan Anti-Crise de Feijoo e polas propostas que o Sr.Balseiro fixo en campaña electoral no ámbito económico. Neste sentido esixiu a Balseiro que aclare xa se o PP vai apoiar en sede parlamentaria a proposta do BNG dun Plan de Choque que palíe a perda de emprego nas empresas auxiliares de Alcoa ou porque razón os populares se poñen enfronte das reivindicacións do sector lácteo. Xa por último Veiga denunciou que Balseiro non sabe do que fala cando fai públicas as diferentes liñas do IGAPE e afirmou que seria bon que se baixase do coche oficial para escoitar da boca dos autónomos ou das pemes da Mariña as dificultades que teñen de liquidez ou a imposibilidade de concretar operacións de financiación pola negativa da banca coa esixencias de garantías.
Calendario de actos.
16 de Xullo ás 20:30. Centro Cívico de Riotorto. Federico Gutiérrez(Alcalde) e Bautista Álvarez
18 de Xullo ás 20:30. Sala de Conferencias de Burela.Neves Cando(Tenente Alcalde) e Carlos Aymerich.
18 de Xullo ás 22.30.Restaurante “Terra Mar”.Lago.Xoán Estua( Portvoz Cervo) e Monte Prado.
19 de Xullo a partir das 14:00 h. Marismas do Masma.Espiñeira. Romaría Popular. Bieito Lobeira e Antonio Veiga
21 de Xullo 20:30. Castelo de Alfoz. Francisco Jorquera e Ivan Marrube(Portavoz do Valadouro).
22 de Xullo 20:30.Casa do Mar de Ribadeo. Ana Pontón e Fernando Suárez(Alcalde).
23 de Xullo 20:30.Conservatorio de Viveiro.Xoán Antón Goás(Portavoz Viveiro) e Francisco Rodríguez.
1 de Agosto a partir 19:30.Explanada do Porto.Foz.Festa do Chicharro Lañado. Guillerme Vázquez e


















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



