O Valadouro, 31 de maio de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, explicou este venres que o equipo xurídico desta formación política estuda recorrer a sentenza que desestima, por inadmisión, a demanda de impugnación sobre moción de censura do Valadouro.
O dirixente popular lembra que o fallo do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo non é firme, nin definitivo, polo que pode ser recorrido en apelación, e mantén que existe fundamento xurídico para asegurar que a democracia non pode estar condicionada a un pacto de interese económico entre PSOE e Udival. Os populares respectan o pronunciamento xudicial, como non podería ser doutro xeito, pero non comparte o seu contido.
Por todo iso desde o PP confían en revocar o sentido da actual sentenza, na que, salientan o xulgado si recoñece como feito probado a existencia desta cláusula económica aínda que o xuíz, centrado nunha revisión dos requisitos formais e procedimentais da moción de censura, cualifica “xuridicamente indiferente” o pacto de 100.000 euros asinado entre o actual alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, e a tenente de alcalde de Udival, María José Fernández, antes da moción de censura que desaloxou ao PP da alcaldía. Unha conclusión que non comparten desde o PP.
PELIGROSO PRECEDENTE ANTIDEMOCRÁTICO
Os populares seguen dispostos a utilizar todos os mecanismos que existen nun Estado de Dereito para que a Xustiza determine se este tipo de artimañas son aceptables legalmente nas administracións, e moi en concreto, nas entidades locais. Sinalan que de autorizarse este comportamento, se abriría un gravísimo precedente para o funcionamento democrático dos concellos, xa que avalaría que os pactos de gobernabilidade non se baseen en coincidencias programáticas ou na defensa dos intereses dos seus veciños, senón que estarían condicionados por intereses exclusivamente económicos das forzas políticas que os asinen -isto é, evitar pagar a cláusula que penaliza a ruptura do pacto-.
O PARTIDO POPULAR RECUPERARÍA A ALCALDÍA
Balseiro tamén lembrou que, fronte á actitude triunfalista amosada polo bipartito os veciños censuran o comportamento do Equipo de goberno local ata o punto de que, extrapolando os datos das últimas eleccións europeas, o Partido Popular recuperaría con maioría absoluta a alcaldía do Valadouro. Sinala, finamente, que a veciñanza xa puido comprobar as liortas e desencontros que, na xestión diaria dos intereses municipais teñen ambas forzas políticas, que seguen unidas non pola defensa dos seus veciños senón por evitar ter que abonar os 100.000 euros que inclúe o pacto económico no que se baseou a moción de censura.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



