Non se pode negar que Podemos tivo un éxito electoral nas recentes eleccións europeas, a cidadanía que lle deu o seu voto de confianza, casi millon e medio de votos ter algo de poder político e iso é bo, pero ese resultado electoral, ese “éxito” non nos pode cegar o entendemento político baseado na evidencia histórica.
En primeiro lugar, debemos ter moi presente que esa evidencia demostrou que o poder político sen poder social, sen bases sociais organizadas, serve de pouco. Demasiados gobernos fóronse ao traste cando suscitaron medidas “valentes” sen a correspondente forza social organizada e mobilizada detrás deles.
Por iso, desde o punto de vista da xestión política e ideolóxica do voto a Podemos, o esencial é a organización dese apoio electoral, é a súa transformación en forza organizada. Para iso vai ser fundamental o papel dos Círculos, asembleas de base, e a súa estructuración territorial e sectorial.
Doutra banda, parece que se move a montaña da máis potente, e ata agora inamovible, por non dicir inmovilista, organización da esquerda no Estado, Ata se pode dicir que esta posición condicionou as posicións e actitudes do conxunto das organizacións do campo progresista, situándose nun espectro que vai desde a resignación e seguimiento da pauta marcada por os dirigentes e cupulas todopoderosas integrados na súa contorna, ata o distanciamiento e procura dunha vía propia, con outras pautas e métodos que é o que saíu reforzado co extraordinario éxito de Podemos. É precisamente este o que agora parece que pode facer posible unha aproximación de enfoques ata agora contradictorios, incorporando un novo consenso sobre pautas e métodos, e aquí esta a leccion que as forzas politicas tradicionais ainda non aprenderón. Os tempos estan cambiando e non se poden facer campañas a antiga usanza, mitines, carteis e outras cousas similares e antigas, Internet, as redes sociais e medios de masas son a ferramenta importante e adecuada pos tempos que vivimos e ademais costan poucos cartos e son efectivas.
Otero Regal.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



