Coa charla de José Ramón Rodríguez-Sabugo remata o ciclo ‘Ribadeo a debate. Visións de Ribadeo’ organizado pola AVV O Tesón. A charla versou sobre datos relacionados con feitos que tratou ó seu paso polo concello durante o período 1957-1989, no que foi secretario do concello en Ribadeo.
Comezou lembrando algún aspecto de Ribadeo á súa chegada, como a existencia da fábrica de conservas de Peláez no que despois pasaría a ser Cultivos Mariños, ou a aínda recente daquela adquisición da Casa de Casas para casa consistorial, realizada polo entón alcalde Castelao, como xurdiu despois na quenda de discusión. Pola súa intervención pasaron un conxunto de historias paralelas, amosando por exemplo a evolución da traída de augas dende as fontes do lobo, en tempadas moi inferior a un litro de auga cada segundo, pasando pola construción do encoro do Rego de Lexoso, con capacidade xa de 8 L/s (ano 1959) e a correspondente estación depuradora, e chegando á situación actual, con recollida no río Eo á altura de Vilarbetote, a construción da estación depuradora e da rede de traída (1979), cunha capacidade de subministro en punta superior a 100 L/s.
Outra historia diferente, a que máis vertebrou a charla, foi a da ordenación urbana, dende a realización dun plan de aliñacións polo sr. Barrera, das Minas de Vilaodriz, pasando polo ‘Plan de necesidades’ (un ‘plan estratéxico’), no que se chegou a deseñar a piscina, ó PGOU de todo o concello, 1969, que foi orientado á Ponte dos Santos, solicitada no 1965. Este plan foi aprobado inicialmente no 1970, pero non definitivamente, tendo que facer a partir de 1975 ata o seu remate en 1977 unha variación debido á nova norma que apuntaba que as rúas non debían ter nas súas beiras unha altura maior que a súa anchura. Os intentos posteriores para un novo plan tamén foron repasados, poñendo de relevo a existencia de planes parciais para adecuar o vetusto plan ás necesidades que se foron vendo, e o freo que supuxo nalgunhas ocasións, como para a construción dun polígono industrial.
Polo medio da charla foron xurdindo os datos sobre a construción do Ribadeo da segunda metade do século XX, de cantidades precisadas ó xeito de como se fixo fronte a elas por parte dun concello sempre necesitado de cartos: subvencións, contribucións especiais dos veciños, créditos, recurso a Gobernación Civil ou a Deputación… Tan necesitado que no mesmo 57 foi necesario un crédito para rematar de aboar ó persoal a paga de xullo. A partires dese momento, o concello tomou medidas para ir adelgazando a cantidade de persoal.
Pasaron pola charla a inauguración no 1958 do Parador e o Monumento ó Gaiteiro, no 1959 a realización da rúa Antonio Otero, pagada por Portos, no 65/66 a realización do tramo Parador-Praza de Abastos, con custe de dous millóns e medio de pesetas, e aportación do 90% do custe pola comisión provincial de servizos técnicos, e para a que houbo que expropiar os correspondentes terreos, o tramos seguinte Praza de Abastos-Instituto…
Porcillán-Figueirúa presentou unha anécdota: foi concedido sen ser pedido. a corporación municipal aceptou e afrontouse a partir dun préstamo e contribucións especiais, en dúas fases con complicacións diversas e subvencións do 60% e 75%.
Saíron tamén a colación as vicisitudes para que o acceso á Ponte dos Santos fora polo lugar onde estaba previsto no plan aprobado de xeito inicial, a realización da Casa da Cultura no antigo Colexio de Santo Tomás, a erección no 1981 do alumeado público actual e asfaltado de diversas zonas, sufragado cunha subvención de vintecinco millóns de pesetas sobre un total que se aproximaba ós 100 e para afrontar o que os ribadenses tiveron que aportar de novo contribucións especiais.
O Matadoiro pasou pola charla cunha data clave, 1984, co dilema entre facelo comarcal ou local (o que foi descartado), despois de sucesivos avisos e ampliación de prazos para que se pechara o matadoiro que funcionaba ata entón e se realizara un novo conforme á normativa imperante.
A educación tamén tivo o seu lugar, dende a realización un albergue escolar no edificio da parte de atrás do concello, a realización dunha escola de nenas na súa parte alta, ou posteriormente a gardería infantil, ó desenvolvemento da zona escolar, comezando coa construción do Instituto tras unha cesión de terreos polo concello e mentres seguía funcionando o colexio de Santo Tomás, a conversión no 1969 do Instituto Laboral en Instituto Técnico, os avatares do campo de prácticas (que non chegou a existir de xeito desenvolvido, pero onde si se fixeron prácticas) e a súa conversión en terreos dos actuais Colexio Público Gregorio Sanz, Centro integrado de Formación Profesional e Pavillón polideportivo.
O tempo non daba para máis, pero aínda así o conferenciante nomeou a concentración parcelaria, a electrificación rural ou o existencia en Ribadeo do primeiro servizo automático de telefonía da provincia.
En resume, a charla representou un alude de información sobre máis de trinta anos de historia ribadense, completada en asuntos concretos na parte de preguntas e discusión. Unha charla que deixou nos asistentes a sensación dunha ocasión única.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



