Alfoz, 2 de xuño de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, revisou este luns en Alfoz os traballos de delimitación dos predios da concentración parcelaria Val de Alfoz, unhas tarefas que, segundo asegurou, serven como representación de que todo o proceso “da un paso máis” e avanza cara ao remate do proceso.
Arias, acompañada polo alcalde do municipio de Alfoz, Emilio Lousas, indicou que con estes traballos “empeza a superarse un chanzo” que permite acercar o tramo definitivo do proceso de concentración, que engloba a máis de 1.500 propietarios.
As tarefas de deslinde dos terreos servirán para delimitar ás 2.701 parcelas nas que quedará dividido o espazo de 1.523 hectáreas que compón a área de concentración, na que se inclúen terreos correspondentes a seis núcleos de Alfoz: Adelán, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, San Pedro de Mor e Reirado. Inicialmente, o espazo da concentración estaba composto por 7.746 fincas.
A representante do Executivo galego sinalou que os traballos de replanteo e demarcación, cofinanciados con fondos Feader 2007-2013, contan cun orzamento de preto de 120.000 euros, que conlevan que o investimento realizado ata o momento nesta concentración chegue a case cinco millóns de euros (4.953.535 euros).
Nesta concentración parcelaria foron executadas obras na rede de camiños principais, unhas actuacións que foron entregadas ao seu remate ao Concello de Alfoz, que ostenta agora a titularidade das mesmas.
A delegada destacou “as vantaxes” da concentración parcelaria, que non só posibilita un aproveitamento máis racional do terreo, senón que “posibilita que se proceda ao fin á regulación xurídica da propiedade de todas as fincas, a través da correspondente inscrición rexistral”.
A delegada territorial referiuse ao avance nas concentracións parcelarias que ten impulsado o actual Goberno da Xunta e incidiu na “importancia de impulsar a reestruturación da propiedade do solo no rural galego, excesivamente fragmentado, para conseguir un sector agrogandeiro máis competitivo”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



