Éxito da nova edición dos Domingos a pé, que tivo lugar o pasado 1 de xuño polas Fragas de Becerreira, no veciño concello de Trabada. A andaina estivo dirixida por Teresa Díaz, da asociación Pena Tallada. As asistentes disfrutaron dun día de convivencia e ocio e da beleza da paraxe visitada dentro das actividades dos VIII Foros Permanentes para Mulleres, que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM.
A seguinte saída será o vindeiro 15 de xuño ao spa de Vilalba. As mulleres interesadas en acudir poden inscribirse ata o 6 de xuño pasando polo auditorio municipal ou chamando ao teléfono 982 120 808. A cota de inscrición é de 15 euros. As asistentes participarán nunha sesión de baño no clube termal, a unha clase de ximnasia na auga e tamén terán acceso ás saunas.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



