No mes de novembro de 2013, entrou en vigor a LOMCE. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por alumnado, profesorado e pais e nais, a través de diferentes entidades que os representan, levou adiante numerosas mobilizacións que amosaron un clamor maioritario en contra da aplicación desta lei, profundamente lesiva para o ensino público galego.
O vindeiro curso 2014-2015 comezará, segundo a previsión tanto do goberno central como do galego, a súa implantación. Malia ter sido aprobada, a Plataforma Galega non vai abandonar a loita contra a LOMCE e vai exixirlle, de novo, á Consellaría de Educación que non aplique esta lei porque impide un ensino en galego, equitativo e inclusivo. Unha lei que afonda no centralismo e na desgaleguización, invadindo competencias. Unha lei que procura un ensino profundamente selectivo e clasista, mediante a segregación, as reválidas e os itinerarios educativos. Unha lei que deseña un sistema educativo ao servizo da patronal do ensino privado concertado e da Conferencia Episcopal e desbota a xestión democrática dos centros.
Neste momento, xa podemos constatar que se dificulta e impide a participación e a opinión do profesorado na elaboración dos currículos escolares, con prazos insuficientes e a improvisación e a imposición como pautas de actuación. Son evidencias tanxíbeis dunha actitude antidialogante e impositiva, a mesma que o PP utilizou na tramitación e na aprobación da LOMCE que, facendo uso da súa maioría absoluta, aprobou cos seus únicos votos.
E como fiel seguidora do Goberno central, a Consellaría de Educación iniciou a aplicación da LOMCE coa publicación da orde de nomeamento das direccións para os centros escolares, acelerando a aplicación dun dos aspectos máis antidemocráticos da lei: a liquidación da participación efectiva do claustro e do Consello escolar na elección da dirección do centro.
Neste contexto, a Plataforma Galega fai un chamamento as ANPA, profesorado e alumnado para que combatan activamente a LOMCE, negándose á aplicación dos aspectos máis lesivos. Por iso propoñemos:
Non fixar novos libros de texto para o alumnado, intentar traballar con outro tipo de materiais e manter actividades complementarias que reforcen a galeguización do ensino.
Procurar que as familias opten pola elección da materia Valores Socias e Cívicos, en primaria, e por Valores Éticos, en secundaria, no canto da materia de Relixión, e usar mecanismos como, por exemplo, equiparar as cualificacións destas materias á de Relixión para favorecer que o alumnado opte pola materia alternativa á Relixión.
Intentar que a aplicación da LOMCE non supoña perda de carga lectiva para materias como Educación Artística, en primaria, Educación Artística e Visual, Música, Francés, Tecnoloxía ou Filosofía, necesarias para a formación integral do alumnado.
Que non se inclúa a materia Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial como oferta do centro, por non ser necesaria para a formación integral do alumnado e porque reforza a ideoloxía neoliberal no ensino.
Manter en primaria o esquema estrutural por ciclos, tal e como se fixo até agora.
Procurar que a persoa proposta para a dirección sexa a que teña o apoio maioritario do Consello Escolar e do Claustro de profesorado e que as persoas elixidas para formar parte da comisión de elección de director/directora defendan a opinión maioritaria do Consello Escolar. A dirección debe comprometerse a que o Consello Escolar e o Claustro manteñan as competencias que até agora lles correspondían.
Non acollerse aos programas de calidade, xa que procuran un modelo de xestión mercantil e empresarial, así como a especialización curricular e a estratificación dos centros con base nos resultados académicos, porque comportarán máis recursos para os centros con mellores resultados académicos e porque a dirección dos centros que se acollan aos programas terán a potestade de rexeitar a incorporación de profesorado interino e de manter o profesorado no centro, á marxe dos concursos de traslados.
Rexeitar que para a admisión do alumnado se reserve o 20% da puntuación a criterios de rendemento escolar .
Rexeitar participar nas avaliacións das reválidas e na cualificación do alumnado doutros centros e negarnos a publicar o resultado das avaliacións finais de primaria e das de diagnose que se poidan estabelecer.
Esixímoslle tamén á Consellaría de Educación que non se modifiquen os libros de texto e que se recupere a súa gratuidade, evitándolles ás familias un gasto moitas veces inasumíbel. Reclamamos a gratuidade dos libros de texto e do material escolar para todo o alumnado de educación infantil, primaria e ESO.
Opómonos a que, mentres se suprimen unidades no ensino público, se continúe subvencionado o ensino privado concertado con preto de 250 millóns de euros do erario público, cada ano, mesmamente en niveis non obrigatorios e en centros que segregan alumnado por razón de sexo.
Reclamamos que non se siga recortando no ensino, que non se reduza o número de postos escolares nin de unidades, que non se diminúan os recursos económicos dos centros, nin que se reduza profesorado.
Igualmente reclamamos a gratuidade do comedor escolar, a redución das ratios, prazas suficientes no ensino público en todos os niveis educativos, nomeadamente en formación profesional e en primeiro ciclo de educación infantil; incremento de bolsas e profesorado suficiente nos centros públicos.
Por todo isto, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reclama que a Consellaría de Educación non aplique a LOMCE e non continúe atacando e recortando o ensino público en Galiza, e declara que seguirá loitando para procurar a derrogación desta lei tan lesiva para a educación pública galega.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



