Este xoves 5 de xuño, ás 19.00 horas, o investigador e arqueólogo submariño Yago Abelleira ofrecerá no Museo Provincial do Mar de San Cibrao a conferencia “A Armada Invencible: Felipe II e o Mar do Norte, 1588”. A entrada a este acto é libre e gratuíta. Yago Abilleira Crespo, nado en Pontevedra en 1982, e residente en Lugo, é investigador de Historia Naval, participou en varias campañas de arqueoloxía submariña e está condecorado coa Medalla ó Mérito cultural da Real Liga Naval Española da que é menbro. Nesta conferencia, intentará de xeito ameno e dinámico explicar a verdadeira historia da Armada Invencible alonxándose dos tópicos ingleses que a teñen trastocado.
Conferencia sobre a Armada Invencible no Museo do Mar
Conferencia sobre a Armada Invencible no Museo do Mar
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo