Recentemente a Confederación de Anpas Galegas celebrou unha asemblea xeral para avaliar a campaña pola gratuidade dos libros de texto e material escolar iniciada hai case catro meses; a nosa intención foi consultar e amosar a realidade do País en canto ao finanzamento dos libros de texto e material complementario, partindo do informe da Defensora do Pobo, que é coincidente cos nosos plantexamentos iniciais, pero querendo contrastar esa nosa opinión co día a día das familias e dos centros escolares.
Logo de centos de asembleas das anpas e das federacións nas que están integradas, acordos nos consellos escolares, entrevistas cos grupos parlamentares e locais, presentación de mocións nos plenos e nos consellos escolares municipais que se convocaron neste período, atopamos unha resposta de fácil lectura: as familias e o profesorado estamos unanimemente de acordo en que o sistema desexable para levar a práctica o mandado constitucional de termos un “ensino básico obrigatorio e gratuíto” é o sistema de préstamo universal de libros de texto organizado e xestionado pola administración educativa.
E tamén houbo unanimidade absoluta cando rexeitamos o actual sistema, o de axudas diñeirarias á compra de libros, por ser insuficiente e á vez absurdamente costoso, por incrementar a burocracia nos centros, e porque non é en ningún momento un procedemento educativo que pretenda fomentar valores de reutilización e solidariedade, como o de préstamo, senón que propicia os valores de consumo inútil, gasto supérfluo, e reivindicación da individualidade fronte ao colectivo.
A nosa campaña, ademais dun amplo efecto social tivo un indiscutibel efecto político, sucedéronse as mocións no ámbito municipal e mesmo no parlamento autonómico, contamos co apoio expreso de todas as forzas políticas, agás do PP, quen mesmo nalgunha ocasión xuntouse tamén; pero sempre tivemos, e continuamos a ter, a oposición frontal do actual goberno da Xunta de Galicia, quen non respondeu ás nosas solicitudes de reunión, e quen ven de sacar unha orde convocando axudas para a adquisición de libros de texto na que claramente non se escoita nin ás familias, nin aos claustros, nin as institucións, nin aos representantes dos cidadáns e cidadás. Unha orde que tampouco xustifica a súa existencia en contra da opinión e a vontade de todos, e que ademais pretende consolidar un modelo de xestión da obriga constitucional da gratuidade no que se mestura a insuficiente atención social coa responsabilidade educativa.
Por todo iso, esta confederación rexeita o actual sistema de axudas aos libros de texto da Xunta de Galiza, e solicita a urxente reimplantación do sistema de préstamo universal de libros de texto.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



