A Deputación de Lugo abrirá mañá venres o prazo para solicitar as axudas do seu novo plan de 1,7 millóns de euros en apoio ó sector primario e ó medio rural, unha vez publicadas este xoves as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Os particulares e colectivos interesados poderán presentar as peticións ata o vindeiro 2 de agosto, e as subvencións estarán concedidas en setembro. Os requisitos, documentación requirida e procedemento para formalizar as solicitudes poden consultarse no BOP deste xoves, así como na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org na área de Cooperación e Asistencia ós Concellos.
O plan consta de tres liñas de axudas:
– Recuperación de terras abandonadas. A Deputación de Lugo convértese na primeira institución provincial de Galicia en ofrecer ós gandeiros e agricultores axudas directas para este fin, que poderán chegar ós 9.000 euros por beneficiario. O obxectivo é facilitar recursos económicos ós produtores para que poidan aumentar a base territorial das explotacións e mellorar deste xeito a súa rendibilidade, ademais de favorecer a recuperación da poboación, a prevención de incendios, o control da fauna salvaxe e unha axeitada ordenación do territorio. Estas axudas concederanse a quen realmente vive e traballa no campo, pois os beneficiarios deberán xustificar coa declaración da renda que o 50% dos seus ingresos procede da actividade agropecuaria. Poden solicitalas gandeiros ou agricultores a título individual; agrupacións de gandeiros ou agricultores; Sociedades Agrarias de Transformación (SATs); ou persoas xurídicas que teñan a titularidade de explotacións.
– Instalación ou mellora de traídas de auga. Este é un servizo municipal básico moi custoso e que moitos concellos non teñen capacidade económica para garantilo, polo que a Deputación abriu unha liña específica de axudas, que serán dun máximo de 30.000 euros para instalar unha nova rede de abastecemento e de ata 10.000, no caso de proxectos de mellora de infraestruturas existentes. Os beneficiarios poden ser comunidades de usuarios, asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro, e comunidades de montes, en tódolos casos sempre e cando teñan personalidade xurídica propia.
– Infraestruturas de uso comunitario que melloran a calidade de vida da xente do campo e facilitan o seu traballo. Trátase, entre outras, de arranxo e sinalización de camiños públicos de acceso a explotacións, terras, camiños forestais e núcleos rurais, fontes, prazas públicas, bebedoiros de uso común, depósitos contra incendios, sistemas de regadío ou limpeza de rutas de sendeirismo e sendeiros. O máximo por beneficiario será de 12.000 euros. Poden pedilas asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro, comunidades de montes, agrupacións de gandeiros e agricultores, ou de produtores forestais, e colectivos de usuarios.
Os criterios de valoración para outorgar estas axudas, convocadas en réxime de concorrencia competitiva, son totalmente obxectivos e a mesa de valoración será estritamente técnica.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



