Lugo, 6 de xuño de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa ao longo deste mes actividades culturais nas localidades lucenses de Sarria, Pantón e Lourenzá no marco da segunda edición do ciclo Monumenta.
Esta iniciativa de difusión do patrimonio integra música de diversos estilos, faladoiros e mesmo probas deportivas, e ofrece unha proposta lúdica e cultural aos veciños e visitantes ao tempo que pon en valor monumentos singulares nos que se teñen realizados recentes intervencións de rehabilitación.
A participación dos veciños e veciñas é un elemento central en Monumenta, que este ano engade unha programación pedagóxica co alumnado dos centros educativos das áreas nas que se atopan os bens restaurados. O traballo previo nas aulas está directamente vinculado coas actividades levadas a cabo sobre o territorio e con elas búscase educar, divulgar e concienciar as futuras xeracións en materia de patrimonio.
A primeira cita da provincia lucense desenvolverase o día 8 de xuño na igrexa de Santa María Magdalena, en Sarria. O 22 de xuño, o ciclo Monumenta chegará ao Convento de Ferreira de Pantón, probablemente o único de Galicia que conserva a función coa que naceu aló polo século XII.
E a última cita dentro da provincia será o 29 de xuño. Terá lugar no Pazo de Tovar, en Lourenzá, unha construción de estilo gótico que se comezou a realizar no século XVI da man de Antonio de Tovar.
Esta xornada comezará cunha serie de probas deportivas polo Val de Lourenzá que se prolongarán ao longo de todo o día, comezando ás once da mañá. Ás 13.00 horas terá lugar unha conversa cos veciños sobre a memoria do castelo de Tovar e a continuación actuará a Asociación Osorio Gutiérrez, centrada na divulgación da tradición da música e do baile galego.
Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, Fantoches presentará un espectáculo de narración oral e música no devandito castelo de Tovar. Como remate da xornada, o recoñecido cociñeiro local Iago Castrillón dará unha clase de cociña de fabas con callos co obxectivo de recuperar este prato tradicional.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



