Foz, 6 de xuño de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, aclara que os 5.000 euros que tivo que devolver o Concello á Xunta de Galicia corresponden a subvencións do ano 2009, cando no goberno municipal estaba o PSOE, con Xaime Cancio de tenente de alcalde.
“O goberno de Foz quédase abraiado, unha vez máis, polas denuncias e as declaracións do señor Xaime Cancio, que estes días saíu na prensa criticando a devolución de 5.000 euros por subvencións que non chegaron a xustificarse ou por non facelo de forma correcta. Efectivamente, temos que darlle a razón nese sentido porque claro que se devolveron, pero resulta que son subvencións do ano 2009, cando el estaba de tenente de alcalde. Entón se el denuncia desgoberno, que efectivamente o houbo, foi cando el estaba gobernando”, aclarou o rexedor municipal focense.
Javier Castiñeira engadiu que “estamos chegando a tal punto de crítica por parte dun señor que do único polo que está preocupado é polo seu futuro político que lle dá exactamente igual o pobo de Foz e chega a cometer estas equivocacións. Pero xa non sei se son declaracións malintencionadas directamente, porque é incrible que poida criticar o que el mesmo fixo no ano 2009. Trátase de subvencións do Fondo de Cooperación para contratación de persoal que por diferentes motivos non foi contratado ou porque se deron de baixa. Fixérono eles, o goberno socialista, cando el era tenente de alcalde”.
O alcalde recoméndalle a Cancio “que deixe de criticar por criticar, pois chega a criticar ata as xestións que el fixo. Que rectifique e que pida desculpas ao goberno municipal de Foz. E se non está pensando nos veciños de Foz e no benestar do noso concello que deixe o sitio para outra persoa e que pare de danar ao Concello de Foz”.



















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



