Cervo, 9 de xuño de 2014- O Concello de Cervo porá en marcha este verán dous programas de actividades dirixidas aos nenos e nenas do municipio en idade escolar a través da Concellería de Educación. Por unha banda, ofrecerá “Repasando en vacacións”, unha iniciativa de apoio e reforzo para o alumnado de infantil, primaria e secundaria de todo o municipio na que poderán repasar as materias estudadas durante o curso así como avanzar contidos de cara ao seguinte.
Unha actividade gratuíta que se impartirá nos locais sociais e escolas das parroquias así como no Ecomuseo de Cervo e a Casa do Mar en San Cibrao que estará activa durante os meses de xullo e agosto e na que o Concello conta coa colaboración da ANPA do CEIP Cervo. Ao remate do curso realizarase unha excursión ao Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, onde os nenos asistirán a unha visita teatralizada. A inscrición pode realizarse no mesmo colexio de Cervo durante este mes.
Este luns o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Educación, Pilar Armada, a presidenta da ANPA do CEIP Cervo, Pilar Montero e a tesoureira, Maribel Seijo presentaron “Repasando en vacacións” co obxectivo de “conseguir que se beneficie deste servizo o máximo número de alumnos posible”, asegura Armada. Cabe destacar que a actividade organizarase por grupos e cada un recibirá dúas horas de clase á semana.
“Enredos de verán”
Ao mesmo tempo, Educación dálle continuidade ao programa “Enredos de verán”, un espazo lúdico para nenos de infantil e primaria que se desenvolverá de luns a xoves en San Cibrao. A Casa do Mar será a sede e o punto de encontro, aínda que en moitas ocasións os Enredos sairán ao aire libre para a práctica de surf ou de skate entre outras actividades. Ao mesmo tempo, haberá xogos, manualidades, maxia, cociña, circo e outras iniciativas adaptadas aos gustos dos participantes.
As inscricións poderanse realizar na Casa da Cultura, achegando a folla de inscrición que será entregada ao alumnado nos colexios. A edil de Educación asegurou que ambos programas compleméntanse, xa que un está enfocado á aprendizaxe e outro ten unha vertente máis lúdica, “pero ao final, en ambos casos, cúmprense os dous obxectivos”.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



