BURELA (FNC) .- A delegada de Cultura, Neves Cando, anunciou esta mañá que o Concello de Burela está a preparar os III Xogos da Costeira que se desenvolverán o sábado 1 de agosto no marco da Feira do Bonito, “mentras os nosos homes e mulleres preparan o bonito que se degusta pola tarde, antes da sesión vermouth coa que arranca esta xornada de exaltación do príncipe azul, pola mañá disfrutaremos un ano máis desta cita”.
A concelleira de Cultura sinalou que “estes xogos teñen como base unha serie de probas relacionadas coa temática do bonito e serán levadas a cabo polas peñas boniteiras, grupos de dez persoas que estarán capitaneados por un patrón ou patroa. As bases, como outros anos, requiren que as peñas vaian vestidas e identificadas con un estandarte ou pancarta para a ocasión segundo a temática da Feira do Bonito. Premiarase a orixinalidade do vestiario e o colorido. A peña gañadora, despois de tódalas probas recibirá o peso do seu patrón ou patroa en bonito ademais dun trofeo”.
Neves Cando explicou que “as probas comezarán a partir das 11 da mañá e as peñas deberán presentarse diante da organización media hora antes para nomear ao patrón, que será sempre o representante e responsable do grupo. As inscripcións para estes Xogos da Costeira poderanse realizar dende hoxe e ata o día 24 de xullo, na Casa do Concello, na biblioteca ou na Casa da Xuventude”. A edil nacionalista lembrou que “as probas do ano pasado tiveron bó resultado e foron moi participativas e moi vistosas por iso esperamos repetilas este ano. Fixéramos o tradicional tiro de corda cun bonito como homenaxe, unha carreira de baras de bonito Arranchando para o bonito, unha carreira de remudas na que cada peña arrastraba as típicas caixas do peixe, pescábase bonito e facíase un quebracabezas como última proba”.
A responsable de cultura agarda que “a participación deste ano sexa igual ou incluso maior que o ano pasado e convidamos a todos os grupos que queiran participar nestes III Xogos da Costeira que se inscriban ata o venres día 24 de xullo”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



