O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todos aqueles xogadores que desexen formar parte das súas categorías de base de cara a tempada 2014-2015. A partir deste martes e ata o luns 30 de xuño, todos aqueles interesados poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte dunha das canteiras máis prolíficas do fútbol sala nacional. As probas consistirán en integrar aos xogadores nos adestramentos do equipo da súa categoría para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todos aqueles xogadores nados entre os anos 1996 e 2009 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas.
NOTAS IMPORTANTES
– O periodo de probas para os xogadores/as inscritos comezará a seguinte semana de realizar a súa inscrición, para unha mellor planificación.
– Non haberá máis de tres xogadores/as que estean realizando as probas de acceso por cada sesión de adestramento.
– En caso de superar os seis xogadores/as en probas por ano de nacemento, crearase unha sesión específica con todos eles.
– Os xogadores/as que realicen as probas, farán un máximo de 2 adestramentos por semana.
– Os sesión serán ás horas dos adestramentos habituais de cada categoría, en caso de ter un número elevado de xogadores/as no período de probas, modificaranse as horas.
Categorías:
– XUVENIL (anos 96-97-98)
– CADETE (anos 99-00)
– INFANTIL (01-02)
– ALEVÍN (03-04)
– BENXAMÍN (05-06)
– PREBENxAMÍN (07-08-09)
Os interesados en facer as probas, poderán realizar as súas inscricións en:
-Teléfono: 982 58 18 15
-Enviando un e-mail a burelafs@burelafs.org, onde deberán especificar os datos persoais do xogador/a (nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto)
-Oficina do Club situada na Avenida Arcadio Pardiñas, 91, Entresuelo























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
