A aposta músico-estética que o Conxunto Os Folkgazais realiza está inspirada nas primeiras agrupacións (orquestras, conxuntos, etc) que desde principios dos anos 40 empezan a aflorar tamén no occidente asturiano e a Mariña de Lugo. Estas novas formacións (coñecidas popularmente como “orquestinas”) a modo das orquestras de jazz americanas, incorporaban a batería como base da percusión, e posteriormente o contrabaixo ou o baixo eléctrico como soporte rítmico-harmónico. A estas novidades habería que sumar ademais a chegada de novos ritmos americanos com as habaneras, boleros, swing, samba, mambo, etc. O conxunto os Folkgazais gravou e autoeditou xa dous discos “Cama de Folkga” e “Haiga” e este 2014 grava un novo traballo en forma de EP que levará por título “Alorias” (Mentiras ou cousas inventadas no galego do Eonavia) . Conta coa colaboración entre outros de Ugia Pedreira (Marful), Michael Lee Wolfe (Asturiana Mining Company), Gustavo Pérez (Blues and Decker), Laurie Leon (Suadel) e Aitor Herrero (Alexandra in Grey). Domingo 15 de xuño ás 19.00 horas no Teatro de Ribadeo. Prezo da entrada: 3 euros.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



