Santiago, 10 de xuño de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a diocese de Mondoñedo-Ferrol reafirman o seu compromiso para impulsar conxuntamente Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia. Con este obxectivo, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, e o bispo da diocese, Manuel Sánchez Monge, asinaron este martes un convenio de colaboración, ao abeiro do cal os fondos dixitalizados da Biblioteca do Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo se integran en Galiciana.
Este patrimonio bibliográfico, considerado de interese para Galicia e dixitalizado cunha subvención do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ponse ao dispor da cidadanía a través do repositorio de Galicia, para colaborar coa súa reprodución, difusión e comunicación pública con fins de investigación e culturais sen ánimo de lucro.
Para unha mellor difusión e accesibilidade a este patrimonio bibliográfico, creouse un portal dedicado en exclusiva aos fondos patrimoniais dixitalizados da biblioteca do Seminario de Mondoñedo, que permite acceder, dentro de Galiciana, ao subcatálago das súas obras.
Galiciana, a biblioteca dixital de referencia en Galicia, accesible en www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es, forma parte da grande enciclopedia dixital construída entre todos os Estados membros da Unión Europea, Europeana. Ao abeiro deste proxecto, a Biblioteca de Galicia dixitaliza e dálle visibilidade ao patrimonio bibliográfico galego co fin de difundilo, conservalo e incorporalo aos proxectos nacionais e internacionais de dixitalización bibliotecaria.
Fondos de entidades de especial interese
Ademais de incorporar os fondos dixitalizados pola Biblioteca de Galicia, Galiciana nútrese de fondos dixitalizados por outras institucións, como a Real Academia Galega (RAG), da que se incorporaron máis de 800 rexistros. Para avanzar nesta dirección, a Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, asinou este convenio coa Diocese Mondoñedo-Ferrol.
Grazas á colaboración de institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, a RAG, o Museo do Pobo Galego, as fundacións Penzol e Eugenio Granell ou a biblioteca de Estudos Locais da Coruña, Galiciana ten ao dispor da cidadanía preto de 5.000 rexistros bibliográficos e máis de 150.000 grupos multimedia.
O obxectivo marcado desde a Consellería de Educación e Cultura é que Galiciana se converta nun directorio de proxectos dixitais en Galicia, que contribúa a un mellor e maior aproveitamento dos recursos dedicados a dixitalización, que se eviten duplicidades e que se favoreza a cooperación entre institucións con fondo de patrimonio bibliográfico que resulten de interese para Galicia.
Esta biblioteca dixital incorporou nos últimos meses novos procedementos para enriquecer as súas utilidades e a información que ofrece, un labor que veu acompañado tamén da integración de novos obxectos dixitais. Deste xeito, desde comezos do 2014, púxose acceso a novos números do Boletín Oficial da Provincia da Coruña que permiten completar a súa colección. En total atópanse accesibles aos usuarios 622 números desta publicación que abarcan desde os anos 1837 a 1946.
Tamén se incorporou unha nova cabeceira de prensa dixitalizada, ‘La Zarpa’, como resultado da colaboración coa Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense. Actualmente pódense consultar 1.317 números que van desde o 27 de xullo de 1921 ata o 31 de decembro de 1924, así como varios números de 1934






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



