O PP de Viveiro quere denunciar unha vez máis a desidia e o abandono do goberno local socialista como consecuencia do calamitoso estado de conservación e mantemento de varias pistas de acceso ás vivendas, non só polas fochancas existentes (motivo polo cal rexistrouse no Concello un ROGO dirixido á Alcaldesa con data 30 de Abril), senón tamén pola abundante maleza.
O PP de Viveiro ante as queixas de numerosos veciños, “comprobamos persoalmente a situación de varias destas pistas, podendo confirmar que o deixamento por parte do responsable da Delegación de Medio Ambiente é máis que evidente, como o demostra a situación das pistas, rúas e barrios do Pedregal, Pallaregas, Sacido, A Cruz, Nogarido, Pena, Lapido na parroquia de Covas; Camiño de Meira en Celeiro, o barrio de Escourido, así como en Area-Faro, en O Areal en Vieiro, en Valado e Altamira en Galdo e a estrada de Naseiro en San Pedro. Todas elas presentan abundante maleza, o que provoca nalgúns tramos que os coches rocen coa mesma ao circular, o que dá mostra unha vez máis da inoperancia e o abandono nestes temas por parte do goberno local”.
O PP de Viveiro quere recordar ao Goberno municipal socialista, que “no Pleno ordinario do 6 de Febreiro, o grupo municipal do PP presentou un ROGO á Alcaldesa sobre a abundante maleza que presentaban estas pistas, á vez que lle recordabamos que o seu mantemento, limpeza e conservación é competencia do Concello, sendo a súa resposta que o delegado municipal de Medio Ambiente visitaría as citadas zonas e daría solución aos problemas existentes. A día de hoxe a realidade é moi distinta, xa que malia que algunhas se limparon, non foron as que solicitamos en devandito pleno e que reflectimos nesta nota de prensa, onde o goberno local xustifica o atraso coa avaría (supoñemos que uns días) da máquina rozadora do Concello”.
A Sra. Alcaldesa, debería de preocuparse máis en optimizar os servizos municipais e non en estar lamentándose e botándolle a culpa a outras administracións do auténtico barullo ao que teñen sometido ao Consistorio Municipal, gravando excesivamente ao cidadán, sen proporcionarlle nada a cambio.
O Partido Popular de Viveiro lamenta a falta de organización e previsión das accións necesarias por parte do goberno local socialista, para que os nosos veciños teñan os seus accesos en boas condicións de limpeza e non con abundante maleza e cheos de fochancas, o que non só dificulta o acceso ás súas vivendas, senón que ao mesmo tempo dana a imaxe do noso municipio ao proxectar unha imaxe de abandono e deixamento lamentables.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



