Sociolingüistas, profesores universitarios e activistas a prol da lingua debaterán sobre o presente e as posibilidades de futuro do galego na educación infantil. Será no marco dunha mesa redonda que se celebrará este venres 13 de xuño, ás 19.30 horas na sede da Avoaescola, en Ferrol.
Nesta charla participarán Gabriel Rei-Doval, doutor en Filoloxía Galega e profesor de Lingüística Luso-Hispánica na Universidade de Wisconsin-Milwaukee. Na súa intervención, Rei-Doval, gran impulsor da difusión do galego nos EE.UU., fará unha interpretación da situación actual do galego no ensino en Galicia coas perspectivas sobre a súa aprendizaxe fóra, tanto en España como fóra dela.
Tamén intervirá Anik Nandi, lingüísta bengalí que, traballa, actualmente na Heriot-Watt University de Edimburgo. Nandi é un investigador do ILG e da Cátedra Unesco de Patrimonio Lingüístico Mundial da UPV/EHU e especialista nas áreas de Política Lingüística, Linguas minoritarias e ameazadas e no ensino de linguas estranxeiras. Actualmente realiza a súa tese doutoral sobre sociolingüística galega e, na súa intervención, falará, precisamente, das semellanzas da situación sociolingüística de Galicia e da India.
Compartirán a mesa con Bernardo Penabade, profesor de lingua e literatura galega no instituto “O Perdouro”, en Burela e impulsor do Proxecto Burela e Neo de normalización e extensión da lingua galega. E tamén, con Francisco López, presidente da Cooperativa Avoaescola e Galiza co Galego, organizacións que están a traballar na consecución dunha rede de escolas infantís en galego. A mesa estará moderada polo xornalista Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



