Barreiros clausurou este xoves os talleres de memoria, que se impartiron por parte do Concello nos últimos meses. Preto dunha veintena de persoas acudiu aos obradoiros celebrados no centro socicultural Manuel Díaz Sampedra. E onte, con motivo da clausura, compartiron unha merenda á que asistiu o alcalde, Alfonso Fuente Parga.
