Burela, 17 de xuño de 2014. A Concellería de Cultura e Educación de Burela e a Biblioteca Pública Municipal felicitan aos premiados na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2014.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a tres escolares de Burela en dita fase. Trátase de Nausica Bernardi Ares, de 8 anos na categoría de debuxo; Lucía Cancelos Rebolo, de 8 anos en narración; e Carla Gómez Lestegás, de 10 anos, tamén en narración.
A esta fase provincial, chegaron os traballos de todas as bibliotecas da provincia para participar no concurso organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo. A entrega de premios será o vindeiro xoves, 19 de xuño, ás 18:00 horas en dita instalación en Lugo, sita en Ramón Ferreiro.