Lugo, 18 de xuño de 2014.- A delegada territorial, Raquel Arias, destacou hoxe que a Xunta, a través de Turismo de Galicia, financia mediante unha liña de axudas específica a contratación de persoal nas oficinas de turismo de tres concellos da Mariña declarados Municipios Turísticos.
Arias significou que a liña de apoio que ven de promover Turismo de Galicia beneficia directamente aos concellos de Mondoñedo, Ribadeo e Foz. A representante do Executivo galego asegurou que estas achegas están dispostas para “manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios que contan coa devandita declaración”.
Arias engadiu que con esta medida “estimúlase a contratación de persoal de xeito que se potencie a imaxe tanto dos Municipios Turísticos como de toda a provincia e a comunidade galega no exterior”. A delegada agregou que con esta medida actúase “en colaboración económica cos concellos para divulgar e promover a atención turística neste municipios e no seu entorno”.
A representante do Executivo galego lamentou que outros entes locais non presentasen sequera a solicitude para concorrer a esta orde de axudas, dotada cun total de 175.000 euros no conxunto da comunidade. Na situación de non presentar solicitude na comarca da Mariña está o concello de Viveiro.
Impulso turístico
A delegada territorial do Executivo galego aludiu á colaboración que fai a Xunta no eido turístico, onde con medidas como esta “fai unha aposta para rendabilizar os excepcionais atractivos cos que conta a Mariña”.
Raquel Arias valorou a importancia “da acción conxunta de cara a promocionar o turismo, xa que sumando esforzos para a posta en marcha dos servizos necesarios, seremos capaces de definir mellor os obxectivos, priorizar as actuacións e ser máis eficaces na difusión da nosa mensaxe, aforrando ademais en custos”.
Os concellos de Mondoñedo, Ribadeo e Foz beneficiaranse dunha axuda que tiña como tope os 8.000 euros por ente local e cos que se pode sufragar o persoal específico destas oficinas dende o mes de xuño ata outubro, segundo as solicitudes realizadas polos propios concellos. Os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.
Con esta liña dáse cumprimento á Lei 7/2011, do Turismo de Galicia, que recolle no seu desenvolvemento que que os municipios turísticos deben ser obxecto de atención preferente nas liñas e medidas de fomento económico establecidas pola Administración da Xunta de Galicia.
Os tres concellos desta área representan a metade dos concellos lucenses que se benefician destas axudas, para as que tamén presentaron solicitude, que foi concedida en tódolos casos, outros tres municipios da zona sur da provincia.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



