O próximo venres 27 de xuño o Observatorio organiza, ás 20.30h na Casa das Letras de Ribadeo, a charla-coloquio Íamos ser raíñas coa reputada xornalista Nuria Varela. O obxectivo é reflexionar e debatir sobre o machismo e o feminismo – aclarando a confusa percepción que se ten deste último -, analizar o papel do feminismo hoxe en día e porque segue a ser tan necesario, ou descubrir as violencias simbólicas que nos afectan e que están completamente naturalizadas.
Nuria Varela é xornalista e feminista. Cun máster universitario en estudos interdisciplinares de xénero e outro en políticas de igualdade entre homes e mulleres, ten traballado na axencia de noticias OTR (OTR Press – Europa Press), nos semanarios Panorama, Interviu e Tiempo, na Cadena Ser e no periódico La Marea. Tamén ten colaborado en publicacións como Meridiam, Números Rojos, Revista Europea de Derechos Fundamentales, Revista 21 y Contrapunto, de América Latina. Cubriu os feminicidios de Ciudad Juárez (México) e conta con gran experiencia en conflitos bélicos, sobre todo desde o punto de vista do activismo feminista.
Nuria Varela tamén desenvolveu o seu traballo no ámbito institucional e participou na posta en marcha do Ministerio de Igualdade do estado Español no ano 2008, levando o equipo de comunicación e como asesora da Ministra. Como escritora ten publicado os libros Íbamos a ser reinas (Edicións B, 2002), Feminismo para principiantes (Edicións B, 2005), e La voz ignorada. Ana Orantes y el fin de la impunidad (Editorial EnDebate, 2012). Publica con moita frecuencia artigos de actualidade, sempre desde un punto de vista feminista, na súa páxina web www.nuriavarela.com e é Directora da Editorial Hotel Papel.
Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade convidamos á cidadanía de toda a Mariña a acudir a charla-coloquio Íamos ser raiñas, xa que non todos os días se ten a oportunidade de escoitar en directo a Nuria Varela e debatir con ela. Un luxo e unha oportunidade única aberta a tod@s os públicos e de balde.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



