Lugo, 23 de xuño de 2014. A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, xa ten preparado o programa de actividades estivais que ofertan cada ano os catro museos que a conforman: o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza San Paio de Narla, e o Pazo de Tor. O delegado de Cultura da institución provincial, o nacionalista Mario Outeiro, foi o encargado de presentar este compendio de actividades xunto coa xerente da Rede, Encarna Lago; e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro.
O programa de obradoiros de verán posto en marcha pola Rede Museística ofrece un amplísimo número de actividades, de diversa índole e duración, dirixidas a públicos de todas as idades, a partir dos catro anos, e adaptadas á contorna de cada un dos museos.
Obradoiros de pintura, escultura, gravado, musivaria, fotografía, muralismo, ourivería, música ou cine; campamentos de arqueoloxía, traballos manuais e artesanais, actividades arredor da gastronomía e a alimentación, ou de aplicación de distintas tecnoloxías, para coñecer mellor o medio e mundo no que vivimos, son algunhas das propostas da Rede Museística para os meses de xullo, agosto e setembro.
Neste sentido, o delegado de Cultura explicou que “para elaborar o programa de actividades que hoxe presentamos tivéronse en conta as propostas dos membros dos clubs da Rede Museística, desde os máis cativos de Pequeamig@s, os mozos e mozas do Club Ei!, ata os máis veteranos do Club Sénior. Todos eles e elas participan ao longo do ano en múltiples actividades nos museos da rede e do seu compromiso e experiencia aprendemos que os museos son motores activos imprescindíbeis para o desenvolvemento social e cultural das comunidades”
“Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a través dos museos integrados na Rede Museística adquirimos o compromiso de servir á nosa sociedade, de usar os fondos que custodiamos para proveito de todos e todas. Por iso, cada un dos catro museos provinciais, ofrece un programa específico, adaptado ás especificidades dos seus fondos ou colectivos interesados”- precisou Outeiro.
Pola súa banda, Encarna Lago fixo fincapé na implicación tanto da área de Cultura como da Rede Museística no referente á accesibilidade: “cada ano traballamos para que todas as actividades que ofertamos sexan accesibles a todas e a todos, sexan cales sexan as súas capacidades, poñendo á súa disposición todas as medidas humanas e técnicas necesarias. Neste sentido, este ano, como novidade, e coa vista posta en cubrir as necesidades das persoas participantes que padezan algún tipo de discapacidade mental, deseñamos uns obradoiros relacionando os contidos do noso Museo con musicoterapia, impartidos por psicólogos e especialistas na materia”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



