Burela, 24 de xuño de 2014.- O 80% da superficie destinada a expositores en Produart xa está ocupada de cara á edición que se desenvolverá do 1 ao 3 de agosto, coincidindo coa celebración da feira do bonito. O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, José Mª González Barcia, indicou que “polo que estivemos a analizar este mediodía na reunión do padroado da Fundación repetirase a superficie destinada a stands do ano pasado e podería incrementarse lixeiramente o número de expositores”.
O rexedor lembrou que “o evento céntrase nos produtos vinculados coa natureza e o medio ambiente, entre outros. Produart mantívose co paso do tempo a pesares da crise económica dos últimos anos e chega xa á súa duodécima edición”.
O Concello e a Fundación Expomar asinarán en breve o convenio que sustenta a achega municipal de carácter anual de 12.000 euros, “que comezou a concederse na época de Manuel Mon coma alcalde de Burela, tivo continuidade co seguinte goberno do PP, suspendeuse co bipartito que a concedeu só durante un ano, e ao chegar nós ao goberno municipal volvemos recuperala”, engadiu José Mª González Barcia.
O Vencello
Na tarde deste martes o alcalde mantivo un encontro con representantes da asociación de veciños O Vencello “aos que se lles informou do estado da adecuación das praias de cara á tempada estival, da contratación dos socorristas e da reposición das plaquetas nas beirarrúas, que quedaran deterioradas polo temporais do pasado inverno”.
González Barcia explicou que “a asociación de veciños valorou positivamente o arranxo de camiños que se está a facer con cargo ao PEIM 2013/2014. Nos traballos estanse a investir arredor de 40.000 euros, financiados en grande parte pola Xunta de Galicia”. E engadiu: “tamén falamos do estado da nova gardería e dos prazos do acceso ao porto. Hai que lembrar que a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas remata o vindeiro 10 de xullo”.
Para o alcalde “a xuntanza foi positiva. Seguimos a liña de manter estes contactos con todas as asociacións do concello. Eles o que nos plantexaron hoxe foron cuestións vinculadas co día a día da vida municipal”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



