Xove, 25 de xuño de 2014.- O Club de Bolos de Xove acadou o campionato da Liga provincial. Esta proclamación realizouse o pasado domingo 22 de xuño.
Este ano a Liga Provincial estivo moi igualada, xa que ata última xornada 3 equipos podian gañar a Liga, Na ultima xornada, celebrada en Sumoas, o Club de Bolos Xove gañoulle ao CB Arcasco de Meira,, e no campo de Sta Marta (Riotorto) o equipo Ribatra (Ribadeo) conseguia vencer ao Club Cruceiro de Meilan.
Con estes resultados dábase un empata na primeira posición, co cal se tiña que celebrar un desempate no campo de bolos da Pontenova. Nese desempate o Club de Bolos Xove gañoulle ao Club de Bolos Ribatra nunha final moi disputada que puido caer para calquer dos dous equipos.
A nivel individual hai que destacar o gran campeonato feito polos xogadores SUB18 do club de Bolos Xove, xa que no sua primeira tempada de bolos na Liga Provincial acadaron o 2º posto (Miguel Lopez Formoso) e o 3º posto (Daniel Alonso Lopez).
Na categoria feminina hai que destacar o 3º posto de Dolores Baño Fraga.
Os trofeos entregaranse nunha cea de fin de tempada que se celebrará en Meira o vindeiro venres 27 de xuño