Viveiro, 25 de xuño de 2014.- O colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” ven de celebrar, un ano máis, a clausura dos cursos 2013-2014 do seu Programa de actividades Socio-Formativas.
Vintesete alumnas do Programa formativo 2013-2014 da Fraga das Saímas desprazáronse ata municipio do Vicedo para festexar a clausura dos cursos organizados polo colectivo de mulleres de Sto. André de Boimente .
Entre os cursos desenvolvidos durante a 7º edición do Programa formativo “Fraga das Saímas” cabe destacar dúas edicións de informática e internet (unha 1ª edición para iniciados e 2º curso avanzado), ambos impartidos pola técnica especialista en informática de xestión, Natalia González. Tamén cabe recordar a posta en marcha das Iªs xornadas de Talasoterapia realizadas no Talaso do complexo das Sirenas, así como as Xornadas de Introdución á Poda e as Xornadas Micolóxicas impartidas por A Estruga, Espazo Agroecolóxico. Asimesmo, esta edición volveu contar cun taller de manualidades, cuxas alumnas continuan demostrando, man da súa monitora Mercedes, o seu lado máis creativo.
As alumnas disfrutaron dun tradicional xantar na Casa Fanego, na que degustaron de exquisitos entremeses, paella de marisco, postres caseiros, cafés e chupitos.
Logo de pasear e compartir tempo de anécdotas e divertimento, as comensais puxeron o broche de ouro á xornada cantando e bailando ao ritmo das máis cantareiras.
Antes de dar por rematada a celebración a Presidenta da asociación, Flor Chao, aproveitou para expresar a satisfación da Directiva pola boa acollida que tiveron todos os cursos desenvoltos na edición 2013-2014 e agradeceu a todas as alumnas a súa participación e contribución ao éxito do Programa anual Socio-Formativo da Fraga das Saímas. Durante o seu discurso de clausura animou e convidou a participar a todas as presentes na celebración do Día da Socia, sábado 2 de agosto, porque como dixo a máxima responsable desta entidade “Fraga das Saímas non pecha nin en época de vacacións”. Durante esta celebración que se desenvolverá, un ano máis, no refuxio do Curro do Candaoso contarán coa actuación do grupo Nova Semente de Celeiro, financiado polo programa da Área de Cultura da Deputación de Lugo Musiqueando pola provincia de Lugo. E xa a tardiña todos os asistentes a esta celebración gozarán do espectáculo de circo Casal em risco da compañía Asacocirco.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



