Cervo, 26 de xuño de 2014.- O Concello de Cervo presentou hoxe os Pasatempos de Verán (I) nos que os veciños e veciñas poden informarse de todas as actividades que se porán en marcha no municipio no mes de xullo. Ata o de agora, os Pasatempos chegaban aos fogares cervenses de forma trimestral, coincidindo coas estacións do ano, pero nesta ocasión o Concello optou por publicar dous folletos no verán, un coas actividades de xullo e outro coas de agosto e setembro.
Unha decisión que ten que ver co volume tan elevado de eventos e actos que hai programados para a temporada estival, e que farían que o folleto de verán non fose manexable nin operativo.
En canto ás actividades, como é habitual, hainas para todas as idades, moitas delas pensadas para facerse ao aire libre aproveitando o bo tempo, tanto deportivas, como lúdicas, festivas, educativas ou culturais. Da mesma maneira, as actividades programadas polas asociacións, e coas que colabora o Concello, teñen unha grande importancia nos Pasatempos.
“O noso obxectivo cos Pasatempos é informar aos veciños de todas as actividades que ao longo do ano programan o Concello e as asociacións. Porque cremos que dándoas a coñecer a través dun folleto manexable e dispoñible en todas as casas é unha boa forma de convidar á poboación a asistir, a participar e a manter vivo o municipio” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Pasatempos de Verán (I)
Como ocorre en todos os Pasatempos, hai certas actividades que se manteñen no tempo e que se repiten ano tras ano despois de comprobar o seu éxito, como é o caso dos Enredos de verán (Concello/ANPA CEIP Cervo nº1) ou das Noites Alternativas, dous programas de referencia na época estival en Cervo. Tamén repiten os Encontros Abertos de Música para Mozos. En canto ás novidades, pódese destacar o programa Repasando en vacacións (Concello/ANPA CEIP Cervo), de continuación e apoio ao estudo, os Talleres de supervivencia doméstica para mozos, ou a navegación de radio control e exhibición de barcos estáticos na piscina de Lieiro. Da mesma maneira, tamén se contemplan as festas patronais destas datas, como as de San Pedro da Senra, as de Santa Isabel de Lieiro ou as da Virxe do Carme de San Ciprián.
Actividades deportivas
Teñen moito peso nos Pasatempos de Verán. Ademais das xa mencionadas Noites Alternativas, hai que destacar as sesións de zumba ao aire libre, o Día do Deporte (Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo), a Regata de bateis (Amigos do Mar/Concello de Cervo), o Día da Bicicleta (Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo), o II Torneo de Pádel Concello de Cervo, ou a Baixada de Skate (Club Limosa Surf/Concello de Cervo).
Exposicións
As mostras tamén teñen especial presenza neste programa. A primeira vaise inaugurar este luns na Casa da Cultura e trátase da exposición de pintura de Tino Soto, veciño de San Ciprián, cunha longa traxectoria artística e que foi o deseñador de moitos carteis anunciadores da festa da Maruxaina. No mes de xullo tamén se poderá ver a mostra “51 páxinas das nosas letras”, da man do Parlamento de Galicia e a Xunta e que se abrirá nas Carboeiras o 7 de xullo. E a mediados de mes arrincará na Casa da Cultura a mostra sobre os traballos manuais que fan na Asociación Mulleres de San Ciprián.
PASATEMPOS DE VERÁN (I)
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “NO DIGAS QUE FUE UN SUEÑO”
Tino Soto
30 de xuño ás 20 h.
Na sala de exposicións da Casa da Cultura
IGUAIS EN MOVEMENTO
Actividades de serán na Praia do Torno
Luns e mércores: Ximnasia de mantemento
Martes e xoves: Aeróbic
REPASANDO EN VACACIÓNS
De 15 a 17 h. nos locais sociais das parroquias
Concello de Cervo/ ANPA do CEIP Cervo
ENREDOS DE VERÁN
Todo o mes na Casa do Mar
Infantil de 11 a 12:30
Primaria de 12:30 a 14:00
Concello de Cervo/ANPA CEIP Cervo nº1
ENCONTROS ABERTOS DE MÚSICA PARA MOZOS
Do 1 ao 3/Do 22 ao 24/Do 28 ao 31 de xullo
De 20 a 22 h. na Casa do Mar
CLAUSURA DOS TALLERES DE MEMORIA
2 de xullo ás 19:30 h. no local social de Trasbar
TALLERES DE SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA PARA MOZOS/AS
4, 11, 18 e 25 de xullo
De 11 a 13 h. na Casa do Mar
FESTAS DE LIEIRO: SANTA ISABEL
5, 6 e 7 de xullo no Guioncho
Festas patronais. Misa, sesión vermú, e verbena
Luns pola tarde Sardiñada
Comisión de festas de Lieiro/Concello de Cervo
REGATA LIGA PROVINCIAL
6 de xullo a partir das 10 h.
Encoro de Río Covo
CD San Ciprián/Concello de Cervo
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “51 PÁXINAS DAS NOSAS LETRAS”
7 de xullo ás 19:30 h.
Nas Carboeiras de Sargadelos
Exposición con motivo do 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Visitas ata o 20 de xullo de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 20 h.
Parlamento de Galicia/Xunta de Galicia/Concello de Cervo
TEATRO
Ás 21 h. no Auditorio da Casa da Cultura
8 de xullo Mamá Cabra “Patatín, Patatán”
9 de xullo Grupo Ardora de San Ciprián
10 de xullo Grupo O Bordelo de Cervo
11 de xullo Grupo A Rabela de Baralla
Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo
TORNEO DE FÚTBOL PRAIA
8, 9 e 10 de xullo
Praia do Torno de 22 a 00:30 h.
Noites Alternativas
ZUMBA
10 de xullo ás 19 h.
Na Praza dos Campos
DÍA DO DEPORTE
11 de xullo durante todo o día
Praza dos Campos
Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo
CONCERTO DE MALVELA
12 de xullo ás 20 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo
NAVEGACIÓN DE RADIO CONTROL E EXHIBICIÓN DE BARCOS ESTÁTICOS
13 de xullo de 16 a 18:30 h.
Na Piscina de Lieiro
AMONAGA/Concello de Cervo
I ENCONTRO DE CORAIS
13 de xullo ás 20 h. na praza dos Campos
Coro da Villa de Navia e Escolma de Meus
Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo/Aventados
FESTAS DO CARME
14, 15 e 16 de xullo en San Ciprián
Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS MANUAIS MULLERES DE SAN CIPRIÁN
Do 15 ao 31 de xullo
Na sala de exposicións da Casa Cultura
Asociación Mulleres de San Ciprián/Concello de Cervo
REGATA DE BATEIS
16 de xullo
Amigos do Mar/Concello de Cervo
DÍA DA BICICLETA
Do 17 de xullo ás 17:30 h. na praza dos Campos
Inscricións na Praza dos Campos a partir das 17 h.
Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo
DÍA INFANTIL
17 de xullo de 19 a 22 h. na praza dos Campos
Xogos, colchonetas e atraccións náuticas
Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo
LECTURA NO VERÁN
18 de xullo ás 11 h. na praza dos Campos
Xornadas de promoción da lectura no verán
Haberá postos de venda de libros e talleres infantís
MERCADO PIRATA
Inauguración o 18 de xullo ás 20:30 h.
19 e 20 de xullo de 11 a 23 h.
Praza dos Campos
Comisión de Festas da Virxe do Carme/Concello de Cervo
CARPA DE INFORMACIÓN XUVENIL
19 de xullo de 11 a 23 h. na praza dos Campos
CONCERTO OS CEMPÉS
19 de xullo ás 23:30 h. na Praza dos Campos
Comisión de Festas da Virxe do Carme/Concello de Cervo
TORNEO DE VOLEI PRAIA
22 e 23 de xullo
Praia do Torno de 22 a 00:30 h.
Noites Alternativas
ROMARÍA DE SARGADELOS SANTIAGO APÓSTOLO
24 e 25 de xullo
Romaría, festas patronais, misa, sesión vermú e verbena
24 de xullo Actuación do Grupo Folk A Roda
A Fervenza de Sargadelos/Concello de Cervo
NOITE DO PATÍN
24 de xullo
Praza dos Campos de 22 a 00:30 h.
Noites Alternativas
II TORNEO DE PÁDEL CONCELLO DE CERVO
25, 26 e 27 de xullo
Pista de pádel do polígono de Cuíña
BAIXADA SKATE
26 de xullo
Club Limosa Surf/Concello de Cervo
TORNEO DE FÚTBOL SALA 3×3
29, 30 e 31 de xullo
Praza dos Campos de 22 a 00:30 h.
Noites Alternativas
FESTA DE FINDE CURSO DO PAI
31 de xullo ás 17:30 h.
Auditorio da Casa da Cultura
XIV VELADAS DE TEATRO AO AIRE LIBRE E VII EXPRESS+ARTE
31 de xullo, 1, 2 e 3 de agosto
Praza do Souto de Cervo
O Bordelo/Concello de Cervo