O presidente do Burela Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego, desprazouse o sábado 28 ata O Porriño (Pontevedra) á Gala da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGÁ) que premiou ao CD Burela FS Pescados Rubén como mellor equipo feminino do ano 2013, en virtude dos méritos logrados co doblete histórico de Liga e Copa de España da tempada 2012/2013.
Premios ANEFS
No concello valenciano de Burriana (Castellón), celebrouse o XVI Congreso da Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala, evento que contou coa presenza de máis de 100 técnicos e que finalizou o sábado día 28 coa Gala Oficial no que se entregaron os premios ANEFS da tempada 2013/2014.
O Burela Pescados Rubén estivo representado por Quico Otero, galardoado como mellor adestrador de Primeira División Feminina, e Peque premiada como mellor xogadora da tempada.
*Fotografías: ANEFS – MUDEGA






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
