O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este xoves en rolda de prensa un novo investimento de 18,2 millóns de euros nos 4.200 quilómetros da rede provincial de estradas, a máis extensa de España. Segundo avanzou, a Xunta de Goberno aprobará este mesmo venres os pregos de contratación do Plan de Conservación “máis ambicioso dos que leva impulsado” o organismo lugués, tanto no plano económico, polo orzamento récord previsto de 18,2 millóns de euros, que se executará entre este ano e o 2018, como no social, pois por primeira vez, incorpora cláusulas en defensa dos dereitos laborais dos traballadores. “Fomos a primeira administración pública de Galicia e a primeira Deputación en España que incorporou cláusulas sociais nos contratos de servizos. Agora damos un paso máis, estendemos o noso compromiso cos dereitos laborais, e impoñémolas tamén no Plan de Conservación de Estradas”, explicou o Presidente.
Deste xeito, no prego de condicións administrativas que aprobará a Xunta de Goberno figuran requisitos como os seguintes:
– Incorpórase como criterio de valoración o número de traballadores con contrato indefinido das empresas que presenten oferta.
– Teranse en conta as propostas que impliquen unha mellora nas condicións laborais e salariais con respecto ás establecidas no Estatuto dos Traballadores e no convenio de aplicación, neste caso, o de Edificación e Obras Públicas.
– Tal e como obriga a lexislación estatal e autonómica, a oferta económica puntúa moi significativamente, pero a Deputación non permitirá baixadas desproporcionadas ou anormais no prezo a costa de reducir en gastos laborais.
En canto á execución do contrato, tal e como sinalou Besteiro, as empresas deben cumprir coas condicións laborais que ofertaron, é dicir, manter o número de traballadores, contratos indefinidos e soldos; e deben manter tamén as condicións económicas e sociais previstas no convenio estatal ou sectorial.
Traballadores beneficiados
Coa introdución desta serie de cláusulas sociais, a Deputación blinda as condicións laborais de polo menos 80 traballadores, o número de operarios das empresas adxudicatarias que, como mínimo, prestarán servizos directos nas estradas a través deste novo Plan de Conservación.
Con estes 80 empregados, serán máis de 160 os traballadores beneficiados xa polo modelo de contratación pública socialmente responsable que ten en marcha a Deputación, pois, dende o mes de marzo, adxudicou xa outros 7 contratos de servizos con cláusulas sociais.
O Plan de Conservación de Estradas garante a atención continuada as 24 horas do día, os 365 días do ano, de calquera tipo de incidencia que se produza en calquera punto dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais: limpeza de calzada e retirada de restos en caso de accidente, limpeza de vertidos, retirada de árbores caídas, neve e animais mortos, reparación de sinais ou prevención ante as xeadas… “Pero, ademais de todo isto, coa incorporación das cláusulas sociais, mantemos postos de traballo e blindamos as condicións laborais”, subliñou o Presidente.
Presuposto por zonas
Para acadar un servizo máis centralizado e eficaz, a Deputación ten distribuída a rede provincial en 8 zonas. Cada unha contará cun dispositivo mínimo formado por 10 traballadores e 28 máquinas, co seguinte orzamento:
– Zona 1: 1.799.512 euros para a conservación de 530 quilómetros de vías nos Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 2: 1.834.118 euros para 618 quilómetros nos Concellos do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.
– Zona 3: 1.862.335 euros para 668 quilómetros nos Concellos de Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
– Zona 4: 1.839.442 euros para 680 quilómetros dos Concellos de Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.
– Zona 5: 1.855.414 euros para 332 quilómetros nos Concellos de Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 6:1.852.752 euros para os 334 quilómetros dos Concellos de Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 7: 1.788.864 euros para os 313 quilómetros dos Concellos de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
– Zona 8: 1.860.738 euros para os 738 quilómetros dos Concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.
Como en ocasións anteriores, as zonas que reciben máis recursos son aquelas que, polas súas especiais condicións orográficas e climatolóxicas, requiren unha maior atención e, polo tanto, un maior esforzo de medios e persoal.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



