NOTA DE PRENSA
Marrube esixe a Xunta a axilización do Polígono do Valadouro
Jorquera e Marrube participan mañá en Alfoz nun acto do Día da Patria
O BNG plantexa no Congreso a rexeneración do Río Ouro.
O Bloque Nacionalista Galego vai presentar no Congreso dos Deputados unha iniciativa na que se solicita do Ministerio de Medio Ambiente que se proceda a rexeneración do Río Ouro a fin de garantir o seu mellor aproveitamento piscicola e turístico.
Neste sentido o Portavoz do BNG de Alfoz e o Portavoz do BNG no Congreso manterán na xornada de mañán unha xuntanza en Alfoz con veciños e pescadores do Ouro nos que estes lle trasladaron as súas queixas sobre a situación do río e na que os nacionalistas se comprometeron a trasladar as súas demandas a cámara baixa.
Hai que lembrar que o Bloque Nacionalista Galego xa plantexou esta cuestión en diferentes ocasións no Congreso dos Deputados e o que se pretende agora aproveitando a situación de debilidade parlamentaria na que se atopa o goberno esta actuación se converta nunha realidade.
Iván Marrube lembrou as potencialidades do Río Ouro no plano piscícola a pesar do abandono oficial e destacou a súa potencialidade turística a hora de plantexar unha oferta integral para o conxunto da Mariña. “Hai que vender A Mariña como un todo, posto que a nosa comarca non pode competir no turismo de sol e praia con outros territorios do Estado”, afirmou Marrube quen lembrou as posibilidades turísticas que se abren para O Valadouro se somos quen de combinar patrimonio e natureza. Nesta liña a proposta do BNG vai na dirección de executar a cargo dos Orzamentos de 2010 un pase fluvial no cauce do Ouro ao seu paso polo Valadouro que tome tamén en consideración os elementos patrimoniais recollidos na Rota Pardo de Cela.
Na mesma liña ás 20:30 h de mañán o BNG celebrará unha charla – coloquio no Castelo de Alfoz coa presencia de Iván Marrube e de Francisco Jorquera para explicar o significado político do Día da Patria Galega e animar aos veciños dos Concellos do Valadouro a participar na manifestación patriótica do 25 de Xullo. Xa que logo os nacionalistas convidan aos veciños do Valadouro a participar deste acto.
Iván Marrube lembrou a singularidade que esta convocatoria ten este ano na medida que pretende ser unha resposta a crise económica así como unha contestación as políticas e actitude do PP. “Non é de recibo que nun contexto de crise como no que nos atopamos o Goberno do PP, permaneza ausente e mesmo non axiliza proxectos en marcha para a dimización económica do Valadouro postos xa en marcha polo nacionalismo no Goberno da Xunta” comentou Marrube, que esixiu pasos firmes na execución do Polígono Industrial do Valadouro.
Na mesma liña o Portavoz Nacionalista de Alfoz denunciou a ausencia de políticas activas de creación de emprego e os duros momentos que atravesa o sector forestal cunha especial incidencia nas Terras do Valadouro. “Non é só o sector de transformación que sofre, sofren tamén moitos pequenos propietarios de monte polo prezo no que se atopa a madeira. Aínda máis non é que a madeira non teña prezo, é que non hai que na queira”, lembrou Marrube que esixiu da Xunta de Galiza un compromiso claro co sector forestal. Neste sentido criticou o estado no que se atopa a madeira derrubada polo ciclón Klaus que segue sen recoller no monte a pesar de que antiga Consellaría do Medio Rural tiña comprometido prazos e prezos para os productores e o que pode provocar problemas a medida que avanza o verán.



















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



