Este luns o xogador burelao do Depor, Luís Fernández, visitou a Marosa para pasar co alumnado e os monitores do Campus Máis que Fútbol arredor de 3 horas nas que xogou, foi sometido a preguntas e mantivo sesión de fotos e sinatura de autógrafos. Tamén levou prendas que usou nos seus partidos co Depor, entre eles o pantalón do seu debut co 1º equipo branquiazul, que foi sorteado entre os espectantes e intrigados participantes. Así mesmo, nesta sesión tamén estiveron coma monitores o “Crack do Campón” e xogador de elite de futsal César Revilla e o “Mestre” Antonio Mogo, que tivo a todos os monitores coma discípulos durante a súa longa etapa de ensinante.
Luís Fernández visita o Campus Máis que Fútbol
Luís Fernández visita o Campus Máis que Fútbol
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo