Foz, 18 de xullo de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, denuncia que o portavoz de Unifoz, Xaime Cancio, presiona aos traballadores da Área de Emprego do Concello durante os procesos de contratación de persoal.
“Queremos denunciar a actitude do señor Xaime Cancio, o portavoz de Unifoz, polo menos ata o día de hoxe, que está exercendo unha presión sobre os traballadores da Área de Emprego do Concello de Foz, que é verdadeiramente insostible. Leva toda a lexislatura, cando hai ofertas de emprego no noso Concello, sobre todo na época estival, cando hai ofertas de emprego para socorristas; cando hai obradoiros de emprego, como está pasando agora; cando hai ofertas de emprego en extinción de incendios e para condutores de motobomba; este señor está dirixindo á xente con seu nome, para que digan que veñen recomendados polo señor Xaime Cancio na oficina de emprego, e non o vamos admitir”, manifestou o rexedor municipal focense.
Javier Castiñeira engadiu que “a ningún concelleiro, nin do goberno nin da oposición do Partido Socialista nin do BNG, se lle ocorre presionar sobre a oficina de emprego e non vamos admitir que o señor Cancio siga presionando, como leva facendo todos estes anos, ao persoal da Área de Emprego. Aquí o emprego é completamente obxectivo, polos méritos, e non vamos deixar que este señor presione a ningún traballador do Concello. Igual o facía no seu momento cando era concelleiro do goberno pero dende que nós estamos gobernando o emprego é completamente obxectivo. E se quere algún documento que faga como o resto dos partidos: que llo pida ao alcalde e lle mostraron perfectamente cales son as bases e todos os documentos, porque son procesos totalmente claros e cristalinos. Pero non admitiremos nunca a presión dun concelleiro á hora de facer o traballo os funcionarios públicos”.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



