Lourenzá, 18 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá presentou un recurso contencioso contra a Xunta de Galicia por unha subvención para a rehabilitación dunha parte do Pazo de Tovar, concretamente da antiga Casa dos Caseiros.
A raíz das manifestacións públicas sobre este asunto feitas polo BNG, a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, aclarou que “é certo que de momento temos perdido o dereito a esa axuda, porque o Concello alegou en dúas ocasións e a Xunta informou desfavorablemente nos dous casos. Por este motivo tivemos que presentar un recurso contencioso para poder resolvelo, pois din que o feito nesa parte do Pazo de Tovar non cumpre a finalidade para a que foi concedida a subvención, pero nós consideramos que si, porque se fixo exactamente o que estaba no proxecto, nin máis nin menos”.
A rexedora municipal explicou que “o día que veu a inspectora o pazo estaba aberto e incluso albergaba unha exposición allea á subvención e na acta que fixo di que cumpría a finalidade. Ela entendeu que os paneis que faltaban por colocar eran unha parte máis pero que sen eles xa cumpría a función en si mesma, posto que vendo o Centro de Interpretación non só nos quedamos nesas catro paredes onde se observa perfectamente a construción dun pazo a dúas alturas, senón que tamén se pode visitar a fortaleza, que é unha interpretación da vida dos pazos en si mesma. Ademais había un lavabo sen colocar por un problema de última hora, pero ese mesmo día colocouse e enviamos unha foto para engadir ao expediente e que viran que estaba feito”.
Emma Álvarez engadiu que “cando comunicaron que se iniciaba a perda do dereito á subvención alegamos que xa tíñamos os paneis colocados e enviamos fotos deles pero, segundo eles, seguía sen cumprir o obxectivo. Isto fixo que nos reafirmáranos en que o obxectivo era o mesmo que cando o anterior alcalde, Vidal Martínez-Sierra, presentou ese proxecto por primeira vez, antes de que estas subvencións foran concedidas. Entón, iniciamos o expediente en contra da Xunta porque consideramos que de non cumprir o obxectivo deberían telo dito antes e non conceder a subvención, pero unha vez que foi concedida non nos parece lóxico que digan que non cumpre o obxectivo a pesar de facer exactamente todo o que estaba no proxecto. En todo caso, como é certo que o día que pasou a inspectora non estaban colocados os paneis propoñémoslles que nos desconten os 6.000 euros que custaron, xa que así o contempla a propia orde de axudas, que di que tendo executado máis do 60 por cento da obra pódese pedir que nos dean a parte proporcional”.
A alcaldesa confía en que o recurso contencioso presentado prospere e que o Concello de Lourenzá reciba finalmente esa axuda da Xunta de Galicia.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



