Nunca soubemos por qué, sendo Santiago o Patrón da nosa vila celébranse, como patronais, as festas de San Lourenzo. O feito, sen ser algo insólito, resulta chamativo, pois descoñecemos a existencia dalgún acontecer histórico ou lendario que relacione ó Santo das parrillas co noso pobo. Temos escoitado teorías que pretenden explicar as razóns polas que se da tal aparente anomalía, todas referidas a motivos laborais; pero non atopamos unha soa referencia escrita que confirme algunha delas. Así, dise que en tempos nos que a agricultura e a gandeiría tiñan un peso definitivo na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas de xeito mais distendido, sen agobios, xa rematadas as faenas do campo referidas, sobre todo, ós traballos das segas e as mallas. Outra versión, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bonito e o bocarte, alusión que consideramos anacrónica. E unha terceira, senon mais veraz, sí mais atractiva, tería que ver coa existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando ceibo no monte; o día 24 de xullo celebrábase na Espiñeira unha importante feira á que levaban a vender as reses , o que de xeito notorio interfería no desarrollo da celebración do festivo…
Posiblemente non sexan éstas mais que elucubracións carentes de fundamente o que fai que transcurridos séculos moita xente, focegos e foráneos, segan a preguntarse: ¿por qué, e dende cando, o San Lourenzo pasou a sustituir a Santiago na celebración social do festivo patronal…? Para a primeira parte da pregunta non temos a mínima resposta; polo que respecta á segunda un benquerido amigo, estudoso da hiatoria local, atopou no libro de fábrica da igrexa parroquial unhas anotacións según as que no ano 1634 pagáranse X reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e, 33 anos despois, en 1667, por facelo na festa de San Lourenzo; e dende entón (século XVII) celebrouse sempre ésta. Parece que o dato polo menos despexa parte da incógnita…
Suso Fernández


















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



