Cervo, 23 de xullo de 2014.- O Concello de Cervo e o Club Limosa Surf presentaron hoxe a V Baixada do Faro en longskate que terá lugar este sábado día 26 a partir das 16 h. en San Cibrao. Un acto no que participaron o edil de Deportes, Luis Guillén, a de Xuventude, Yolanda Pedreira, e dous membros do Club Limosa Surf, Saul Díez e Pablo Rupérez.
Unha competición na que xa teñen confirmada a súa asistencia corredores de diferentes puntos de Galicia e tamén algún de fóra, como é o caso dun suízo que leva varios anos acudindo. En canto ao descenso, realizarase nun tramo delimitado de 400 metros en pendente, dende o Faro de Punta Atalaia ata o remate da estrada, na rotonda da praia de Cubelas. Un tramo que conta con numerosas curvas e que converten esta zona no lugar ideal para este tipo de probas.
Ao mesmo tempo cabe destacar que “o circuíto discorre de forma paralela ao litoral, polo que ofrece unhas vistas privilexiadas constituíndo un atractivo máis a esta competición” asegura Guillén. Pola súa banda, Pedreira resalta “a capacidade de convocatoria da Baixada, que atrae e reúne a multitude de mozos que se xuntan para poñer en práctica as súas destrezas”.
En canto aos detalles da competición, cada participante realizará unha primeira baixada para a comprobación de tempos e despois haberá carreiras eliminatorias de dous en dous ata que se decidan os catro primeiros postos da clasificación. Para eles haberá trofeos e premios.
A seguridade é moi importante neste evento, e para iso porase en marcha un dispositivo especial. Así, a estrada da baixada pecharase ao tráfico durante a competición, ao tempo que se controlará a circulación na glorieta, habilitándose un itinerario alternativo para acceder ao faro e ás casas da zona. Ademais, colocaranse elementos de protección ao longo do circuíto. Da mesma maneira, será obrigatorio o uso de casco por parte dos participantes.
A entrega de premios terá lugar a partir das 21:30 h. na prazoleta de San Cibrao, onde rematará a xornada coa música de Chris Masuak e True Mountains.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



