NOTA DE PRENSA
MANIFESTO DO PPdeG NO DÍA DE GALICIA
Hoxe, neste Panteón de Galegos Ilustres, rendemos homenaxe á verdadeira razón de ser deste partido: hoxe, na véspera do seu gran día, rendemos homenaxe a Galicia e ós galegos.
Sen embargo, e obviando por un momento o simbolismo desta data, creo profundamente que limitar o noso compromiso con esta terra a un día como o de mañá é desperdiciar 364 días de devoción a unha Galicia que nolo deu todo.
Somos firmes defensores dos nosos símbolos identitarios, e desde logo o 25 de xullo é un deles, pero cremos que non hai maior símbolo de Galicia que os propios galegos. Para dignificar esta terra, é neles nos que debemos centrar os nosos esforzos: porque hai tantas formas de entender Galicia como galegos hai.
O galeguismo non é unha doutrina, é un xeito de vida a escoller por cada quen de forma individual.
Esa é filosofía que ha de marcar o noso compromiso con Galicia: a do respecto das liberdades.
O PPdeG entende o galeguismo dun xeito aberto, como un manto capaz de arroupar a todos e cada un dos galegos, e non como un paraugas pensado para elites e que deixa á intemperie á verdadeira masa social de Galicia.
Apostamos por un galeguismo acolledor, do que toda Galicia poida sentirse orgullosa.
Por un galeguismo amable, que fuxa de batallas interesadas sobre os símbolos de Galicia, un galeguismo que non se use para dividir o que foi concebido para unir.
Hoxe máis que nunca repetimos isto alto e claro: son os galegos os que deben decidir en que idioma queren expresarse, non os políticos. Son eles os que deben decidilo. En liberdade, sen presións. Temos unha lingua propia que usamos, amamos e respectamos.
Apostamos tamén por un galeguismo aperturista, que obvie as estreitas barreiras territoriais e aspire a inundar o mundo enteiro. ¿Ou acaso hai que ser galego para amar a Galicia?
Galicia está alá onde hai un galego, e por iso apostamos por estender esta filosofía. E máis aínda, en vésperas dun Ano Santo, no que Galicia en xeral e esta cidade de Santiago en particular serán de novo un crisol de culturas que camiñarán xuntas sobre a pedra galega.
Sendo así, non podemos pecharnos no galeguismo esquivo que algúns se afanan en estender, senón en amosar ao mundo un sentimento só descritible cunha palabra: orgullo. Orgullo de ser galegos.
Ese orgullo é o que fai medrar o galeguismo nesta terra. É ese orgullo o que fai que a testemuña de Castelao, Rosalía ou Ramón Piñeiro recaia nas mellores mans: nas dun batallón de galeguistas anónimos aos que hoxe tamén queremos render homenaxe.
Aqueles que tamén lembrou o propio Castelao, precisamente un Día de Galicia pero de 1948 e no seu exilio de Buenos Aires.
Castelao falou dunha “infinita multitude de luciñas e vagalumes, que son os seres innombrados que ninguén lembra xa, e que todos xuntos forman o substrato insubornable da patria galega. Esas almas sen nome que crearon o idioma en que eu lles estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, e en fin, o feito diferencial de Galicia.”
Estas almas sen nome seguen alimentando hoxe o seu compromiso con Galicia no seu quefacer diario, nos seus traballos, na súa vida persoal… eles, lonxe dos grandes titulares, pode que nunca reflictan nun libro o seu compromiso con esta terra ou as súas reflexións sobre Galicia, pero son desde logo os verdadeiros protagonistas da Galicia na que cre o PPdeG.
Ese galeguismo anónimo, valente, continuo, que vive cómodo no bilingüismo cordial que sempre estivo instalado en Galicia, e que sobrevoa por riba das siglas políticas e os debates partidarios …
Eses que homenaxean cada día a esta terra cun orgullo de pertenza a proba de debates e que non permiten que ninguén lles marque o camiño que ha de seguir o seu amor a Galicia…
Eses homes e mulleres que conforman a maioría silenciosa que, de forma tranquila e sen estridencias, son os verdadeiros actores do galeguismo son os que merecen a homenaxe que hoxe, na véspera do noso Día Grande, lle rendemos orgullosos e satisfeitos.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



