CADERNOS DA VIAXE. Atopei noutronte un antigo compañeiro de colexio na coruñesa praia de Riazor.
– Mira Xoán Antón, o que fixo o xerente do pub ese de Sanxenxo, ao suspender o concerto de Mónica de Nut ao terceiro tema tivo moi pouco estilo, pero tamén é verdade que ese local ten maioría de veraneantes madrileños e non entenden o jazz cantado en galego.
– Home, Tito, ese día estaba inzado de seareiros galegos da artista. Pero que eu saiba escoitamos a ópera en italiano ou alemán, en inglés a The Corrs, Leonard Cohen ou Bruce Springsteen. O deste tipo é pura censura, motivada polo seu carácter intolerante e pola súa falla de cultura e educación.
– Pero Xoán, para atraer o turismo non podemos andar co da cultura galega, temos que nos abrir máis a España. Teríamos que mirar máis polo español, que é o noso.
– Iso é un erro de concepto, meu amigo. O turismo que interesa é o que ven coñecer a os nosos recursos. Nós non podemos nin queremos competir en sol, praia e alcol barato. E a xente non ven a Galicia para ver touradas, feiras de abril ou Oktoberfests, porque se buscara cousa desa iría a Andalucía ou a Bavaria. Ven por sermos nós, polo noso clima, cultura, lingua, costumes e gastronomía.
– Pero o da cultura galega estando ben limita moito… Hai que abrirse ao mundo.
– Estou dacordo e de feito penso que a nosa literatura, as nosas artes plásticas, o noso folk,o noso jazz, pop, rock ou hip-hop están a facer un enorme esforzo de evolución e apertura ao mundo. O que ocorre é que en Madrid teñen moi claro que queren ocupar os espazos das culturas periféricas, porque iso supón facturación. Canto hai que non canta en galego un dos nosos artistas nunha TV estatal?
– Pero á nosa xente góstanlle as touradas e as sevillanas.
– Non, oh!. Na Coruña non hai touradas este ano por falla de interese cidadán e semella que en Pontevedra cada vez hai máis oposición e menos afecto popular. Pertencer a unha peña para ir de troula non é gostar das touradas. As touradas, as sevillanas e outras exoticidades son produto dunha mentalidade cosmopailá moi interiorizada nas concellerías de Festas de moitos gobernos locais, que son os que están a mal investir cartos públicos en espectáculos sen raigame nin afeccionados. É polítiquería pura.
Xoán Antón Pérez-Lema























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



