A Deputación atende as primeiras consultas dos lucenses no servizo gratuíto de asesoramento sobre a factura da luz, que vén de poñer en marcha este mesmo luns, converténdose no primeiro organismo provincial en Galicia con esta prestación.
Dende o ente provincial aseguran que é unha medida “ante as continuas subas na luz do Goberno Central, a situación de desinformación na que se atopan os cidadáns, así como debido aos abusos que sofren por parte das eléctricas”.
A factura eléctrica incrementouse nun 63% nos últimos anos. España xa é o terceiro país da Unión Europea coa luz máis cara. O gasto medio na luz por domicilio ascende ós 775 euros ó ano. Tendo en conta que en Lugo hai preto de 136.000 vivendas, segundo datos do INE e excluíndo as segundas vivendas, os lucenses pagan ao ano máis de 100 millóns de euros pola luz. Este gasto é maior, posto que hai que engadir os custes da luz nos Concellos, onde a media, nun municipio de menos de 5.000 habitantes, é doutros 200.000 euros anuais.
Servizos
Ante esta situación, Técnicos da Axencia Provincial da Enerxía da Deputación de Lugo ofrecen, a custe cero e de maneira individualizada, os seguintes servizos:
1.- Información sobre o mercado eléctrico, as principais variables do sector ou as particularidades do consumo cidadán.
2.- Análise da factura eléctrica con fin de detectar posible erros ou defectos, colaborando, no caso da súa existencia, na tramitación de avisos, queixas ou suxerencias.
3.- Asesoramento sobre as posibles medidas para reducir custes e optimizar o subministro, tendo en conta os hábitos de consumo. Por exemplo, con novos tipos de tarifas, cambiando a potencia eléctrica contratada ou implantando mecanismos de baixo consumo.
4.- Tramitación de bonos sociais, que poden solicitar persoas coas rendas máis baixas, para acadar un desconto do 25% na luz.
5.- Seguimento personalizados de todas as consultas realizadas. A intención é coñecer o funcionamento das medidas asesoradas de cara ó éxito deste servizo
Canles para as consultas
O servizo gratuíto de asesoramento cidadán atópase no segundo andar do Pazo de San Marcos. As consultas aténdense de xeito presencial ou ben a través de teléfono ou correo electrónico. Para unha mellora atención individualizada, é necesario pedir cita previa. Pódese facer no 982 260 113 ou no email asesoria.facturacion@deputacionlugo.org. Nestes mesmos canais, tamén se atenderán as consultas. O horario de atención é de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



