O Valadouro, 8 de agosto de 2014.- O Partido Popular do Valadouro denunciou que a Deputación provincial de Lugo, gobernada por PSOE e BNG, abonou unha axuda do Plan de cooperación coas comunidades veciñais nunha conta bancaria da que é titular a muller do alcalde, o socialista Edmundo Maseda.
Os populares veñen denunciando desde fai tempo, que a repartición destas axudas provinciais se estaría a efectuar dun xeito caciquil, sen respectarse criterios obxectivos, nin de libre concorrencia e, nunha gran maioría de ocasións, a Deputación beneficia a persoas vinculadas ás listas electorais do PSOE e do BNG ou, coma neste caso concreto, a un familiar directo do alcalde.
OBRAS EN INTERESE PARTICULAR DOS EDÍS DE GOBERNO
Desde o Partido Popular explican tamén que o suposto obxecto da subvención, por importe de 4.652,45 euros, é o arranxo da pista da Granda de Riba. Este feito adquire relevancia para os populares se temos en conta que é de especial interese particular para o alcalde, xa que esta vía serve de acceso aos invernadoiros nos que o rexedor efectúa a súa actividade profesional privada.
Os populares denuncian que unha vez máis queda demostrado que os integrantes do Executivo local gobernan para os seus intereses particulares, como xa aconteceu no pasado coa polémica xurdida cando a tenente de alcalde instalou sen cumprir a ordenanza municipal e fixo obras, que afectaron a un paso de peóns, en beneficio particular da terraza do establecemento hostaleiro familiar.
ESPECIAL SEGUIMENTO DA AXUDA
Os populares reclamarán as explicacións oportunas para verificar que o outorgamento da axuda cumpre con todos os requisitos legais e de compatibilidade, pese a evidente irregularidade formal, e pedirán que se efectúe un especial seguimento do cumprimento e das condicións nas que se outorgou a axuda, así como a súa xustificación. Lamentan que o alcalde e a Deputación empreguen recursos públicos que son de todos para un obxectivo de interese tan particular.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



