Viveiro, 21 de agosto de 2014.- O PP de Viveiro agradece a rápida actuación de Portos de Galicia na reparación dos tubos de saída de augas pluviais dá rúa do Porto na praia de Celeiro.
O PP de Viveiro tivo coñecemento a mediados de xullo destes danos a través dos veciños e procedeu a comunicarllo a Portos de Galicia para que no menor tempo posible se realizasen as reparacións pertinentes. No día de hoxe dábase por solucionado o problema ao finalizar a reparación, consistente na unión dos devanditos tubos, cementando as devanditas unións para impedir que volvan soltarse e procedendo a tapar os tubos con area tal e como estiveron dende un principio. Trátase pois dunha actuación para restablecer a orde inicial e non dunha obra nova para enterrar os tubos a maior profundidade, xa que iso sería unha competencia do Concello ao tratarse de tubos que recollen as augas pluviais da rede municipal.
Por todo o sinalado reiterar unha vez máis o noso agradecemento por esta intervención, así como pola reparación que está a levar a cabo Portos de Galicia no espigón do Porto de Celeiro cun presuposto de aproximadamente 1 millón de euros, o que dá unha mostra máis do inequívoco compromiso de Portos de Galicia con Celeiro e as súas xentes do mar.
Fronte aos malos modos e ao victimismo dalgúns, o PP de Viveiro opta polo diálogo e a negociación con Portos de Galicia, o que á vista destes datos redunda nun enorme beneficio para os veciños de Viveiro.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



