Este xoves 21 de agosto tivo lugar a clausura do curso de informática para nen@s que se impartiu na Aula CeMIT do Concello de Barreiros durante o mes de agosto. No curso, que estivo dividido en dous grupos en función da idade dos asistentes, “@s nen@s aprenderon mecanografía, manexo básico dun procesador de textos, a crear presentacións, a organizar os arquivos en carpetas, búsqueda de información e imaxes desde google, correo electrónico e almacenamento na nube, isto último só no grupo dos maiores”, explicou Manuel Pérez, axente TIC da Aula CeMIT de Barreiros. Pérez e o alcalde, Alfonso Fuente, fixeron entrega dos diplomas correspondentes aos nenos e nenas que acudiron a este curso.
Clausurado en Barreiros o curso de informática para nen@s da aula CeMIT
Clausurado en Barreiros o curso de informática para nen@s da aula CeMIT
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo